ESCUDO-1300x400-02
O Club

Aumenta a comunidade dixital coa creación dun novo perfil oficial en Snapchat

RC Celta

A cor celeste está cada vez máis presente, chegando a todos os rincóns do mundo e medrando no ecosistema dixital.

O RC Celta roza os dous millóns de seguidores no total das súas redes sociais. Twitter, Facebook, Instagram, TikTok, Weibo, YouTube… e agora Snapchat. Unha aplicación para smartphones con soporte multimedia de imaxe, vídeo e filtros para fotos de realidade aumentada con contidos exclusivos e un ton persoalizado. Todo un esforzo por combinar entretemento e información para sacar á luz unha nova perspectiva do club.

Este crecemento vese reforzado pola internacionalización da entidade, que chega incluso a traspasar fronteiras. Reflexo disto é o auxe da comunidade dixital céltica con seguidores de países como Perú, México, Rusia, Argentina, Francia y Brasil ou o próximo RC Celta American Tour, da pretemporada 2022/2023, que terá lugar no continente americano.

Sen dubida, unha gran noticia para a consolidación e evolución da marca RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas