A Fundación Celta dispón dos mellores profesionais, expertos da Canteira: adestradores, preparadores físicos, fisioterapeutas etc., que ademais son formadores nas súas distintas áreas. Este capital humano é fundamental para trasladar a nosa Metodoloxía de traballo a outros técnicos que queiran mellorar os seus coñecementos e aplicar a mesma idea de traballo que nós, baseada nunha formación integral dos nosos mozos e non só no rendemento futbolístico.
Ofrecemos formación específica, teórica e práctica, en contidos por áreas especializadas dirixidas a adestradores e monitores que busquen alcanzar o seu potencial e cumprir os seus obxectivos. Ademais, acomodámonos ás necesidades de cada grupo interesado, adaptando todos os contidos para garantir que cumpran coas esixencias requiridas.
Solicita más Información
¿Estás interesado? Escríbenos y nos pondremos en contacto contigo: