20211120_RCCeltavsVillarealCF_3
Primeiro Equipo

O RC Celta rescata un empate ante o Villarreal CF (1-1)

RC Celta

O RC Celta sumou un punto esta tarde en Abanca Balaídos tras empatar a un gol ante o Villarreal CF no partido correspondente á décimo cuarta xornada de LaLiga. O conxunto castellonenco adiantouse no marcador na primeira parte por medio de Alberto Moreno, pero os celestes melloraron na segunda parte e lograrían a igualada por medio de Brais Méndez.

Tras uns minutos sen dominador claro e con alternativas na posesión de balón, Nolito protagonizaba a primeira ocasión clara do partido cun disparo que buscaba a cepa do pau esquerdo. Kevin, tras o rexeite de Rulli, non conseguía conectar con precisión en dirección portería.

Acto seguido chegaría o gol do Villarreal CF tras un desaxuste defensivo do que se aproveitaría Alberto Moreno para anotar o 0-1. A reacción celeste non se fixo esperar, cun centro-chute de Javi Galán que se estrelou contra o pau dereito. Pola súa banda, o conxunto visitante dispoñería de dúas boas ocasións para aumentar a súa vantaxe no tramo final do primeiro tempo, pero Matías Dituro aparecía baixo paus para manter o resultado.

Tras uns minutos de tenteo no arranque da segunda metade, o RC Celta comezaría a recuperar a súa mellor versión e avisaría das súas intencións tras unha boa acción individual de Araújo, que entrou ao descanso, cuxo disparo se marcharía desviado. Serían os prolegómenos do empate, que chegaría tras un disparo de Beltrán que non lograría atallar Rulli e, no rexeite, Brais Méndez aloxaría o balón ao fondo da rede.

O gol espoleó ao conxunto dirixido por Eduardo Coudet, que gozaría dunha gran ocasión para poñerse por diante tras unha combinación entre Brais, Galhardo e Aspas, cuxo disparo se marchou fóra por moi pouco. O RC Celta foi o protagonista dun tramo final do encontro no que, sen forzas para máis, finalmente ambos equipo repartirían os puntos.

Tras este empate, os celestes suman trece puntos e mediranse o vindeiro sábado 27 de novembro ao Deportivo Arabés ás 14:00 en Mendizorrotza na décimo quinta xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA: Dituro; Kevin, Aidoo (José Fontán, min. 78), Murillo (Araújo, min. 46), Javi Galán; Fran Beltrán (Okay, min. 85), Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito (Cervi, min. 61); Iago Aspas, Santi Mina (Galhardo, min. 46).

1 – VILLARREAL CF: Rulli; Foyth (Aurier, min. 83), Albiol, Pau Torres, Pedraza; Trigueros (Moi Gómez, min. 69), Iborra, Parejo; Rubén Peña (Yéremy, min. 69), Dia (Chukwueze, min. 83), Alberto Moreno (Coquelin, min. 83).

Goles: Alberto Moreno (0-1, min. 26); Brais Méndez (1-1, min, 71).

Árbitro: Alberola Rojas, do colexio castellanomanchego. Amonestou a Santi Mina, do RC Celta, e a Foyth, do Villarreal CF.

Campo: Abanca Balaídos (10.086 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas