Javi Galán deixa o RC Celta tras dúas tempadas de éxito como celeste nas que disputou 79 partidos durante estes cun gran rendemento. O RC Celta e o Atlético de Madrid chegaron hoxe a un acordo para pechar o traspaso. Galán chegou a Vigo na tempada 2021/22 procedente do SD Huesca, equipo co que fixo o seu debut en Primeira división.
Desde a súa chegada ao RC Celta o defensa demostrou o seu compromiso e entrega no lateral esquerdo. O club quere expresarlle a Javi Galán o seu máis sincero agradecemento pola entrega, honestidade e profesionalidade que mostraron desde o primeiro día da súa etapa celtista, na que sempre ofreceu unha actitude encomiable e realizaron un traballo excepcional, sen regatear esforzos e cunha implicación exemplar.
O RC Celta quere ademais desexarlle sorte e éxito na súa nova etapa deportiva.