athletic
Primeiro Equipo

O Celta volve facer historia e sela o seu billete europeo en San Mamés (1-1)

RC Celta

O Celta volveu escribir unha páxina na súa historia en San Mamés. O conxunto de Claudio Giráldez selou matematicamente o seu regreso a Europa tras rescatar un empate de enorme valor ante o Athletic, confirmando así a súa segunda clasificación continental consecutiva, un fito que só se alcanzara unha vez antes na historia celeste.

O temperán golazo de Williot Swedberg permitiu ao cadro vigués resistir durante moitos minutos de asedio branquivermello, sostido polas intervencións decisivas de Andrei Radu. Iñaki Williams acabou igualando para o Athletic, pero o punto tivo sabor a triunfo para un Celta competitivo que soubo aguantar o resultado para certificar a súa presenza na competición continental a próxima tempada.

Abanca Balaídos será o escenario onde se decida se o Celta xogará Europa League ou Conference League polo que, este sábado a nosa casa ten que ser unha auténtica caldeira para xuntos poñerlle broche de ouro a este magnífico curso.

FICHA TÉCNICA:

1 – Athletic Club: Unai Simón; Gorosabel, Yeray, Laporte, Yuri; Ruiz de Galarreta, Jauregizar (Rego, min. 71); Iñaki Williams (Izeta, min. 86), Unai Gómez (Navarro, min. 46), Berenguer (Serrano, min. 82); e Guruzeta (Maroan, min. 82).

1 – Celta: Andrei Radu; Javi Rodríguez, Yoel Lago, Marcos Alonso; Javi Rueda (Óscar Mingueza, min. 46), Fer López (Matías Vecino, min. 91), Ilaix Moriba, Sergio Carreira; Ferran Jutglà (Pablo Durán, min. 58), Williot Swedberg (Hugo Álvarez, min. 73) e Borja Iglesias (Iago Aspas, min. 58).

Goles: 0-1, min. 4: Williot. 1-1, min. 52: Iñaki Williams.

Árbitro: Isidro Díaz de Mera (Comité Castellano-leonés). Por parte do Celta, mostrou cartón amarelo a Javi Rueda (min. 10) e a Radu (min. 42). Mentres que, por parte do Athletic Club, foron amoestados Yuri (min. 38) e Laporte (min. 68).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 37 de LaLiga EA Sports disputado no estadio de San Mamés ante 45.105 espectadores. Antes de empezar o partido homenaxeouse ao técnico, Ernesto Valverde, e ao xogador Iñigo Lekue con motivo do último partido de ambos en “La Catedral”.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas