smolov-isto-vai-de-corazon.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta enriquece o seu ataque cos goles e o talento de Fedor Smolov

RC Celta

Contrastada capacidade goleadora, impactante cifra de asistencias, experiencia, talento… O RC Celta reforza a súa liña de ataque con Fedor Smolov, estrela do Krasnodar ao que se mediu o conxunto vigués na Europa League e un dos referentes no actual Lokomotiv de Moscova. O internacional ruso chega ao club celeste, a falta da pertinente revisión médica, en calidade de cedido para completar a dianteira do conxunto de Óscar García até final de tempada.

Fedor Smolov (Saratov, 1990) destaca sobre todo pola súa facilidade anotadora. O novo dianteiro celeste marcou case 60 goles na liga rusa nas últimas catro tempadas que disputou entre o Krasnodar e o Lokomotiv de Moscova. A eles hai que sumar unha decena máis en competicións europeas.

O atacante ruso tamén destaca pola súa excelente visión de xogo, o que lle permite acumular cada tempada un bo puñado de asistencias.

Smolov acumula unha notable experiencia internacional. Até a data disputou 39 encontros coa Selección Rusa e anotou 14 tantos. O ariete estivo entre os convocados no último Mundial, onde disputou cinco partidos.

A nivel individual, o novo atacante do RC Celta foi nomeado futbolista do ano en Rusia nas tempadas 2015/16, 2016/17 e 2017/18. Tamén foi o máximo goleador do campionato nas campañas 2015/16 e 2016/17

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas