
O Celta pecha a semana cun empate sen goles ante o Betis en Abanca Balaídos. Nun partido con ocasións para os dous equipos, os celestes levaron a iniciativa durante boa parte do encontro e tiveron opcións para adiantarse, pero atopáronse cun Álvaro Valles que evitou o gol.
Despois de regresar de Glasgow coa primeira vitoria na Europa League, o equipo de Claudio Giráldez saltou ao céspede de Balaídos coa intención de levar o peso do xogo. Os celestes atoparon espazos e xeraron perigo, especialmente por medio de Hugo González e Pablo Durán, pero tiveron diante un Valles que respondeu con varias boas intervencións e mantivo o empate ata o descanso.
Na segunda parte, o Betis deu un paso adiante e comezou a chegar con máis frecuencia á área celeste. Aos sevillanos non lles abondaba co empate e buscaron o gol a través de Parrott, pero os vigueses tampouco se conformaban e intentárono por medio de Aspas. Porén, ningún dos dous conseguiu adiantar o seu equipo.
Con este empate, o Celta suma un punto máis en LaLiga EA Sports e xa pon a mirada no seu próximo compromiso, o debut na Copa do Rei. Os celestes visitarán o Salamanca CF UDS este mércores, 28 de outubro, ás 21:00 h, no Helmántico.
FICHA TÉCNICA:
0 – Celta: Radu; Javi Rodríguez, Yoel Lago, Marcos Alonso; Javi Rueda (Sergio Carreira, min. 68), Ilaix Moriba, Aleix Febas (Hugo Burcio, min. 81), Javi Galán; Hugo González (Williot Swedberg, min. 58), Hugo Álvarez (Ferran Jutglà, min. 58) e Pablo Durán (Iago Aspas, min. 68).
0 – Real Betis Balompié: Álvaro Valles; Ángel Ortiz, Diego Llorente (Marc Bartra, min. 68), Natan, Valentín Gómez; Marc Roca, Dani Ceballos (Álvaro Fidalgo, min. 75), Antony (Pablo Fornals, min. 61), Isco (Giovani Lo Celso, min. 68), Abde Ezzalzouli e Nelson Deossa (Troy Parrott, min. 61).
Árbitro: Isidro Díaz de Mera Escuderos (colexio de Castela-A Mancha). O colexiado amoestou a Ilaix Moriba (min. 30) e Sergio Carreira (min. 80), por parte do Celta, e a Diego Llorente (min. 44), polo Betis.
Incidencias: Partido correspondente á Xornada 10 de LaLiga EA Sports, disputado en Abanca Balaídos ante 20.007 espectador