PrimeraFederación2223_J37_CeltaBVsADCeutaFC_2
Celta b

O Celta B mantén a quinta posición tras empatar ante a AD Ceuta FC (1-1)

RC Celta

O Celta B empatou (1-1) ante a AD Ceuta FC no partido correspondente á xornada 37 de Liga no grupo I de Primeira Federación disputado en Abanca Balaídos. Un partido no que os celestes empezaron gañando pero os visitantes igualarían a contenda.

Un encontro que empezaba de forma inmellorable para os de Claudio Giráldez cun gol de Lautaro no minuto 7 de partido. Unha primeira metade na que os celestes tiveron o dominio do choque pero, con todo, o Ceuta empataba por medio de Rodri ao fío do descanso.

Na segunda parte, os celestes puxeron toda a carne no asador en busca dun empate que estivo preto en varias ocasións, rozando a vitoria cun disparo de Manu Garrido que se foi rozando a rede. Uns minutos finais nos que o Ceuta tivo un disparo á cruceta para facer o 1-2.

Desta forma, o Celta B mantén a quinta posición con 59 puntos a falta dunha xornada para o final. Un peche de competición no que o segundo equipo céltico, que depende de si mesmo, visita ao Racing de Ferrol na Malata o vindeiro sábado 27 de maio ás 19:30.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA B: Ruly; Carrique (Javi Domínguez, min. 88), Iván López (Javi Rodríguez, min. 74), Sergio Barcia, Medrano; Martín Calderón (Damián, min. 61), Hugo Sotelo; Raúl Blanco (Clemente Montes, min. 88), Iker Losada, Hugo Álvarez; Lautaro (Manu Garrido, min. 74).

1 – AD CEUTA FC: Gato; Alain, Capa, Danese, David Alfonso; Jota (Aisar, min. 65), Alberto Reina, Selasi, Ñito González (Julio Iglesias, min. 73), Pablo (Luismi, min. 65); Rodri.

Goles: Lautaro (1-0, min. 7); Rodri (1-1, min. 40).

Árbitro: Pérez Peraza, do colexio canario. Amonestou a Lautaro, Medrano, Iker Losada e Clemente Montes, do Celta B.

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas