Un gol en propia porta do porteiro Yago evitou o triunfo vigués (1-1)
O Celta Xuvenil División de Honra permanece invito tras acadar un empate a uns ante o Pabellón. Santi Mina non faltou á súa cita có gol e adiantou aos celestes. Cando todo indicaba que os tres puntos viaxarían a Vigo, un erro do porteiro Yago terminou en gol en propia porta, tanto que supuso o 1-1 definitivo e o reparto de puntos.