foto celtab web
Celta b

Exhibición do Celta B ante o Valladolid Promesas para seguir soñando (0-5)

RC Celta

Imponente exhibición do Celta B, que coa súa contundente vitoria ante o Valladolid Promesas álzase á segunda posición da táboa. O filial celeste superou con claridade ao seu rival e deixa para a historia un 0-5 que supón o seu partido con máis goles como visitante en Segunda B.

A primeira metade, aínda que tivo ocasións dos dous equipos, foi de claro dominio celeste. Os de Onésimo fixéronse co balón e despregaron un gran fútbol. Froito desta valente, e vistosa,  proposta chegou o primeiro gol do partido por medio de Alberto Solís, que aproveitou un rexeite do porteiro local.

Xa na segunda metade e tras un inicio de dominio local, o Celta B desatouse en ataque e Hoolsgrave anotou o segundo tras unha gran xogada de Soni. O propio dianteiro celeste marcou o terceiro cun gran golpeo desde a frontal.

Hoolsgrave e Soni, ambos con dobletes, pecharon unha goleada magnífica que lle permite ao conxunto de Onésimo ascender ao segundo posto e soñar nas dúas xornadas que quedan nesta fase de ascenso a Segunda División. Extraordinario triunfo que converte ademais ao filial no mellor visitante da categoría.

 

FICHA TÉCNICA

RC Celta B: Álvaro, Carreira, Cunha, Carlos Domínguez, Pampín, Barri, Markel, Holsgrove, Solís, Soni, Manu Justo. Tamén xogaron: Iker Losada, Gabri, Lautaro e Raúl blanco

Goles; 0-1 Solis; 0-2: Holsgrave; 0-3: Soni; 0-4: Soni; 0-5: Holsgrave

RC Celta

Etiquetas

Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas