Hemeroteca canteira

O canteirán Brais Méndez estará na Ronda Élite Sub-17 de Kazán

RC Celta

Brais_Mendez_-_Ronda_Elite_Sub17.jpg

A canteira celeste continúa consolidando a súa presenza nas seleccións nacionais

 

Brais Méndez, centrocampista do Xuvenil A, debutou este mércores coa Selección Española Sub-17. O canteirán celeste entrou no terreo de xogo na segunda metade nun partido que era a estrea do combinado nacional español en Rólda Elite de Kazán e que se saldou cun empate 1-1 ante Rusia, anfitrioa do campionato.

 

O próximo rival da Sub-17 española será Gales, selección ante a que se medirán este xoves. España pechará a súa participación nesta Rolda Elite ante Suíza, o vindeiro luns 31 de marzo.

 

Os seleccionadores nacionais continúan confiando nos novos valores da canteira céltica convocatoria tras convocatoria. O traballo de fútbol base do RC Celta non deixa de verse referendado, sempre co apoio da afección celeste, ilusionada co proxecto do club e convencida do seu éxito.

 

FICHA TÉCNICA

1-ESPAÑA: Juan Soriano, Julio Pleguezuelo, Adrián Marín, Jorge Meré, Madger Antonio, Sergi Canós (Alejandro Carbonell 59′), Pedro Chirivella (Asier Villalibre 71′), Diego Altamirano (Brais Méndez 81′), Aleix García, Enrique Fornos, Antonio Martínez.

 

1-RUSIA: Ivan Zlobin, Egor Boykov, Artem Mamin, Dmitri Skopintsev, Daniil Yamschikov, Nikolai Kipiani, Danil Poluboyarinov (Roman Ezhov 82′), Nikolai Obolski, Georgi Melkadze (Dmitri Malikov 75′), Mikhail Mogulkin, Dzhamshed Rakhmonov (Amirkhan Arslanov 71′)

 

Goles: Antonio, 1-0 (40′); Kipiani, 1-1 (50′)

 

Estadio: Rubin (Kazán)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas