Hemeroteca canteira

O Celta B cae pola mínima en Aranda de Duero

RC Celta

juliodelgado070216

 

O filial céltico perdeu pola mínima no campo da Arandina CF nun partido que concluíu con dez xogadores celestes no campo pola expulsión de Roger no tramo final do partido. Os locais chegaron ao descanso por diante no marcador e aumentaron a súa vantaxe no segundo tempo.

 

O céltico Ledes recortou distancias cun golazo no minuto 73, un tanto que deu esperanzas aos vigueses. Tan só tres minutos despois o colexiado expulsou a Roger e o choque púxose definitivamente costa arriba para os celestes.

 

FICHA TÉCNICA

2-Arandina CF: Álex, Ruba, Seoane, Pablo, Mauri, Gonzalo, Ochoa, Javilillo (Adri, min.83), Carlos Portero (Borja Plaza, min.71), Nico e Pau Franch.

 

1-Celta B: Néstor, Kevin, Alende, Roger, De Amo, Borja Fernández, Luis Rioja (Julio Delgado, min.76), Adrián, Gus, Franco (Borja Iglesias, min.56) e Pedro.

 

Goles: Pau Franch, 1-0, min.39; Carlos Portero, 2-0, min.59; Ledes, 2-1, min.73.

 

Árbitro: Expulsou ao céltico Roger no minuto 76. Amonestou a Mauri, Gonzalo, Diego Alende, Gus, Toni Seoane, Pablo.

 

Campo: El Montecillo (1300 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas