hor web
Celta b

O Celta B colleita un punto de ouro ante o San Fernando (2-2)

RC Celta

O Celta B saca un punto de ouro en Abanca Balaídos ante un San Fernando CD que se adiantaría por partida dobre no marcador. (2-2)

O partido comezaba de mala maneira para o filial celeste, quen se viu por detrás no marcador aos poucos minutos de iniciar o choque, onde Ilyas facía o primeiro tanto para os gaditanos. As cousas non melloraban para os mozos de Giráldez, que se viron cun xogador menos despois da expulsión do dianteiro Miguel Rodríguez.

O segundo tempo arrincaba igual que o fixo o primeiro, cun temperán gol do San Fernando que dobraba a vantaxe no marcador. Acto seguido, reaccionaría con cambios e goles o conxunto celeste, xa que chegado o minuto 68 de encontro, xa empataran o choque, obras de Pablo Durán e San Bartolomé. Con este empate a dous, en partido chegaba ao seu final, non sen antes ver ocasións por parte dos dous equipos

O próximo partido do Celta B será ante o San Sebastián de los Reyes. O equipo durmirá esta noite empatado a puntos co Racing de Ferrol, que determina o último posto de playoff.

FICHA TÉCNICA

2 – Celta B: Christian Joel; Carrique (min. 46, Javi Rodríguez), Javi Domínguez, Barcia (min. 18, Yoel Lago – min. 75, Manu Garrido), Medrano; Damián Rodríguez, Calderón (Min. 46, San Bartolomé); Raúl Blanco (min. 46, Pablo Durán), *Íker Losada, Hugo Álvarez e Miguel Rodríguez.

2 – San Fernando CD: Sebastián Fassi; Lanchi (min. 69, Antonio Marín), Farrando, Ayala, Luís Ruiz; Dani Molina (min. 61, Alfonso), David Ramos, Biabiany (min. 87, Rubén do Campo), Ilyas Chaira, Gabri Martínez (min. 69, Aquino) e Toni Gabarre.

Árbitro: Francisco García Risco (Comité asturiano). Por parte do Celta B foi amoestado Calderón, Yoel Lago, Damián Rodríguez e expulsou con vermella directa a Miguel Rodríguez. Polo San Fernando viron amarela Farrando, Lanchi, Gabri Martínez e Gabarre.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas