celebracion gol celta b zamora 221120
Celta b

O Celta B logra a primeira vitoria da tempada cun gran partido ante o Zamora (2-0)

RC Celta

O partido empezou cun Celta B protagonista fronte ao colíder da categoría, contando con ocasións moi claras nas que puido adiantarse no marcador pero non conseguiu materializar. Alberto Solís tivo que retirarse lesionado. A segunda metade arrincou co Celta B envorcado na área rival atopando premio aos 8 minutos cun gol de Manu Xusto. O Zamora reaccionou rápido xerando oportunidades e facéndose co dominio do balón. O Celta B aproveitou unha contra para poñer o 2-0 cun gran remate de Lauti.

 

FICHA TÉCNICA

2 – RC Celta B: Iago, Lucas, Ferrares, Pampín, Alfon, Holsgrove, Solís ( Domínguez, min. 34), Markel, Bruninho ( Losada min. 74), Lautaro ( Josipovic min. 74), Manu Justo ( Raul Blanco, min 86).

0 – Zamora CF: Villanueva, Parra, Coque ( Monterde, min 65), Vallejo, Juanan, Ramos, Escudero, Rocha, Abel ( Dani H, min 45), Jacobo ( Sergio Garcia, min 53), Crespo.

Goles: 1-0 Manu Justo min 52. 2-0 Lautaro min 65.

Árbitro: Carlos Fernández Buergo (Asturiano) . Amonestou a Ferrarés, Pampin (RC Celta) e Rocha, Parra, Coque (Zamora CF).

Campo: Barreiro, 150 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas