WhatsApp Image 2021-05-02 at 14.06.29
Celta b

O Celta B mantén vivo o soño: vitoria ante unha afección entregada e billete para o play off

RC Celta

 

O Celta B estará en Estremadura nun histórico play off de ascenso a Segunda División. Doblegou, con calidade, entrega e paciencia, a un correoso rival, a Cultural Leonesa, que tamén buscou a vitoria desde o comezo; 2-1 cun doblete de Manu Justo. O filial, a falta dun partido, sela unha tempada magnífica do mellor xeito posible, con vitoria, bo xogo e ante 2.500 celtistas envorcados co conxunto de Onésimo. O soño segue vivo.

A primeira metade foi de gran ritmo, con ambos equipos compartindo obxectivo sen complexos, o de marcar. O filial aplicaba paciencia e a Cultural vértigo na procura indisimulada da vitoria. Moita presión, concentración e atención nas axudas, moita chegada á frontal do área, en ambos campos, pero pouco remate. As defensas impuxéronse… ata que apareceu o talento de Sergio Carreira. Pechado, sen opcións, sacou un regate magnífico e un centro que provocou un penalti -unha man un tanto estrana- que anotou Manu Justo. Era o minuto 40 e o Celta B daba un paso adiante nun partido de tensión, disputa e gran derroche de enerxía.

A chegada do descanso temperou uns ánimos quentes por un par de xogadas no área celeste que desquiciaron aos visitantes, doídos tralo tanto do filial nunha primeira metade moi competida.

Non se desconectou o Celta B. Ao minuto de xogo roubou arriba e o coiro chegou a Manu Justo, quen lanzou desde a frontal para superar ao porteiro leonés. Chegou a calma tralo tanto do ariete céltico. O partido freouse como era desexo do cadro local, recostado na súa vantaxe, cómodo con posesións longas e áxil no contragolpe.

Non inquietaba a Cultural, chegaba máis e mellor o filial, que tocaba con criterio e paciencia para atacar e para protexerse. O encontro camiñaba de xeito plácido cara ao final, co filial dominando e sen o máis mínimo apuro na contorna de Sequeira. Pero cando faltaban tres minutos, un despexe de Lucas rebotó en Holsgrave e o colegiado sinalou penalti ante a incredulidad do cadro local. A angustia, innecesaria, durou tres minutos, os que prolongou o árbitro.

 

FICHA TÉCNICA

2-Celta B: Sequeira, Sergio Carreira, Lucas Cunha, Carlos Domínguez, Pampín, Markel, Barri, Holsgrove, Solis, Kevin Soni e Manu Justo. Tamén jxogaron Iker Losada, Gabri Veiga, Lautaro, Raúl Blanco

1-Cultural Leonesa: Zubiaurre, Abad, Rodas, Galas, Castañeda, Marcos, Arce, Rovirola, Luque, Álvaro Juan e Dioni. Tamén xogaron Héctor, Pipo, Bravo, Percan, Suárez

Goles: 1-0, min.40: Manu Justo, de penalti; 2-0, min.46: Manu Justo; 2-1, min.89: Dioni, de penalti

Árbitro: Pérez Hernández, do comité madrileño. Amonestou a Lucas, Sequeira, Barri, Carlos Domínguez,  Dioni, Luque, Rovirola, Montes

Estadio: Abanca Balaídos, 2.500 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas