O rival, en inferioridade moitos minutos, defendeu con solvencia ante un filial sen acerto en ataque
O Celta B non foi capaz de superar ao Somozas en Balaídos nun partido de dominio local ante un rival ben ordenado e solvente en defensa que xogou moitos minutos en inferioridade. Os celestes tentárono sen acerto e perderon dous puntos.
O filial tomou o mando do partido desde o primeiro instante. Monólogo na posesión ante un rival ordenado e ben pechado que buscaba as súas opcións con balóns longos ás costas dos laterais, constantemente incorporados en ataque. E, con todo, a primeira gran ocasión do choque chegou nunha contra celeste aos 10 minutos de xogo. Borja Iglesias recibiu no medio campo, avanzou entre tres rivais e tratou de sorprender á adiantado meta rival cunha afastada vaselina que non entrou por moi pouco. Gran intento.
Igualouse o encontro despois. O Somozas comezou tamén a tocar e a alargar as súas posesións, aínda que sen chegadas claras e sempre con moita xente por detrás do coiro para evitar riscos. Borja Iglesias, aos 16 minutos volveu tentalo cun lanzamento desde fóra da área que saíu elevado. O conxunto visitante tapaba con esmero os espazos e dificultaba a creación de ocasións para un Celta B que o tentaba sen desmaio, e sen acerto.
Outra cabalgada de Borja Iglesias supúxolle o segundo cartón amarelo a Fiuza ao bordo da media hora de xogo. Derriba clara e cartón indiscutible que deixaba ao Somozas en inferioridade.
O rival deu un paso atrás e se enceró aínda máis no seu campo, tapando ocos, achicando como podían. Yordi Martí lanzou aos 38 minutos desde a frontal tras unha boa xogada individual e Óscar Santiago, que se mostrou moi seguro nas súas saídas, atrapou ben o coiro.
O Celta B tentouno sen éxito até o descanso. Non acababa de atopar a fluidez suficiente para superar a férrea barreira defensiva do Somozas, moi aplicado na protección do seu porteiro.
Tras a continuación, o Celta B retomou o seu acoso, coas mesmas dificultades que na primeiro metade. O Somozas defendía con solvencia e contragolpeaba con criterio. Os vigueses chegaron con perigo en tres ocasiones na fase inicial, pero sen acerto no remate final. A mellor, aos 15 minutos. Boa triangulación e remate de Luís Rioxa que despexou con acerto Reguero.
Pouco despois, gran rosca de Julio Delgado coa zurda e o balón estrelouse no traveseiro. O filial melloraba en ataque e roldaba o gol. O acoso foi crecendo e as oportunidades chegando, pero ao filial resistíaselle o gol. Os remates vigueses acababan sempre nas mans dun seguro e ben colocado Reguero. Ao final, insatisfactorio empate sen goles.
FICHA TÉCNICA
0-Celta B: Óscar Santiago, Kevin (Goldar, min.76), De Amo, Soto, Samu, Javi Rey, Yelko (Thaylor, min.63), Pino, Julio, Omar (Jordan, min.57) e Borja Iglesias
0-U.D.Somozas: Reguero, Pablo, Dopico, Fiuza, Javi Rosa, Edi, Sergio, Héber (Rubén González, min.69), Luis Ángel (Ares, min.87), Stefan (Joseba, min.63) e Yordi Martí
Goles: sen goles
Árbitro: Sánchez Seco, do comité madrileño. Expulsou con dobre amarela a Fiuza (min.29) e amonestou a Samuel, Javi Rosa
Campo: Estadio de Balaídos, uns 2.500 espectadores