Hemeroteca canteira

O Celta B vence con autoridade no derbi vigués

RC Celta

O filial celeste goleó ao Rápido de Bouzas, que xogou moitos minutos con 10 xogadores

 

O Celta B goleó ao Rápido de Bouzas no derbi vigués, un partido intenso e con alternativas ata a segunda metade, na que os celestes, ante un rival con dez xogadores, logaron despegarse no marcador.

 

O partido, disputado no Baltasar Pujales, comezou ben para os locais, que no tramo final dunha intensa primeira metade adiantáronse desde os once metros por mediación de Rubén.

 

Trala reanudación, o filial celeste envorcouse sobre a portería de Roberto, quen logrou evitar o empate ao deter con acerto un cabezazo de Añón, pero pouco despois, aos sete minutos, non puido evitar que un bo remate de Camochu acabase na rede.

 

Co empate a un tantos, o Rápido estrelou un balón na madeira e ao bordo do cuarto de hora de xogo quedouse cun xogador menos pola expulsión de Kiko Insa, quen cometeu penalti e viu a tarxeta vermella. Víctor Vázquez acertou e puxo en vantaxe aos celestes.

 

Os locais, con gran arroxo, trataron de reaccionar e dispuxeron dun par de ocasións que non puideron aproveitar. Si o fixo o Celta B nunha das súas aproximacións. Aos 22 minutos, Félix sentenciaba o choque. O filial redondeou a goleada ao final cun novo tanto de penalti, nesta ocasión transformado por Camochu.

 

Contundente vitoria do Celta B, que se mantén na zona alta da táboa clasificatoria, tralos pasos do Racing de Ferrol.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas