Hemeroteca canteira

O División de Honra vence e mantense nos postos altos da clasificación

RC Celta

escudogrande.jpg

 

Os xuvenís gañaron na Madroa ao Porriño Industrial con goles de Brais e Adrián Rodríguez (2-1)

 

O Celta Xuvenil A venceu onte na Madroa ao Porriño Industrial, un partido no que os celestes manexaron o balón e fixeron méritos para levarse o triunfo, aínda que o rival mantivo as súas opcións de puntuar ata o pitido final.

 

Brais Méndez adiantou aos da Madroa transcorridos trinta minutos de partido. Boa xogada do céltico, que desfísoxe de tres rivais antes de executar un tiro cruzado que rematou no fondo da rede. Xa cando o primeiro tempo remataba, Julio Delgado puxo un bo balón na área porriñesa que aproveitou Adrián Rodríguez para marcar o segundo dos vigueses.

 

Na segunda parte o Porriño Industrial reduciu distancias no marcador por medio de Jimmy. O Celta tivo ocasións dabondo para redondear a vitoria, pero o resultado xa non se moveu. Triunfo por 2-1 que mantén ao conxunto de David De Dios nos postos altos da clasificación.

 

FICHA TÉCNICA

2-CELTA: Ángel, Javi, Sergio, Bugallo, Diego, Peña, Julio, Rocha (Silva, min.51), Brais, Álex (Adrián Iglesias, min.68), Arián Rodríguez.

 

1-PORRIÑO: Abreu, Diego Carlos (Adri, min.46), Senén, Tino, Richi (Aarón, min.58), Rubén, Davo, Maikel, Varela (Migui, min.46), Raúl.

 

Goles: Brais, min.32 (1-0); Adrián Rodríguez, min.42 (2-0); Jimmy, min.60 (2-1).

 

Árbitro: José Luis González. Amonestou con amarela a Bugallo e Peña polo Celta e a Adri, Richi e Raúl polo Porriño.

 

Campo: A Madroa

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas