Os canteiráns iniiciaron a tempada cun triunfo ante o Atlético Perines (3-0)
Vitoria do Celta Xuvenil División de Honra no primeiro partido da tempada. Os celestes dobregaron na Madroa ao Atlético Perines con tres tantos que chegaron nos últimos vinte minutos do encontro, tras unha intensa loita entre ambos equipos.
Adrián Iglesias inaugurou o marcador no minuto 69, Adrián Rodríguez anotou o segundo tanto celeste no minuto 75 cun bo tiro cruzado e, xa no tempo engadido, Nacho redondeou o resultado có 3-0.
Bo arranque dos de Davide de Dios, que demostraron boas maneiras na súa estrea ligueira.
11 do Celta: Ángel, Sergio, Bugallo, Alende, Loureiro, Pape, Yelko Pino, Rocha, Hernández, Adrián Rodríguez e Pablo Silva.