Participará no torneo clasificatorio para o Campionato Europeo
O novo valor da canteira celeste Yelko Pino regresa coa Selección Sub-17. O xogador do Celta Xuvenil de División de Honra foi convocado para adestramentos previos e o mini torneo de clasificación para o XIII Campionato de Europa da categoría. Yelko Pino permanecerá co combinado nacional entre os días 15 e 25 do presente mes de outubro.
Tras a súa brillante participación coa Selección en senllos partidos de preparación ante Eslovaquia, o xogador celeste Yelko Pinovolve co combinado Sub-17 para o mini torneo clasificatorio para o Campionato de Europa. O céltico incorporarase aos adestramentos previos o día 15 do presente mes e dous días despois os integrantes da selección partirán cara a Bulgaria para a disputa do mini torneo.
O calendario do torneo será o seguinte:
19.10.2012
15.00 h. POLONIA/BULGARIA Hadzhi Dimitar Stadium (Silven)
18.00 h. ESPAÑA/AZERBAIJAN Beroe Stadium (Stera Zagora)
21.10.2012
11.00 h. AZERBAIJAN/POLONIA Hadzhi Dimitar Stadium (Silven)
18.00 h. ESPAÑA/BULGARIA Beroe Stadium (Stera Zagora)
24.10.2012
16.00 h. POLONIA/ESPAÑA Beroe Stadium (Stera Zagora)
16.00 h. BULGARIA/AZERBAIJAN Hadzhi Dimitar Stadium (Silven)