A organización do Grupo RC Celta
Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o seu principal activo, mantendo un firme compromiso co emprego de calidade baseado en condicións de igualdade de oportunidades, independentemente do sexo, idade ou outras circunstancias. Desde o Grupo RC Celta se aposta e traballa activamente pola aliñación da súa estratexia e obxectivos, co desenvolvemento e profesionalización das persoas que conforman o seu equipo humano, a través da motivación e a formación continua.
Presidente e consello de administración
Manuel Carlos Mouriño Atanes
(Vigo, 4 de marzo de 1943) cursou os seus estudos no Colexio Salesianos na súa cidade natal. Na súa primeira etapa laboral en España, traballou durante sete anos en Lage e Cía. Posteriormente incorporouse a Rio Miño, empresa automobilística con delegación en Vigo e foi trasladado á sede central en Madrid. Ao final desta etapa foi director de administración e contabilidade de Nautrónica, empresa aeronáutica e de servizos, ata que se trasladou a México no ano 1978.
Tras un breve paso pola Cidade de México, en 1985 decide establecerse coa súa familia en Campeche, unha cidade na Península de Iucatán na que puido reencontrarse co mar que tanto lle lembraba a Vigo. Alí crea Grupo Energético del Sureste (GES), empresa dedicada ao transporte e comercialización de combustible.
A súa visión, mais alá de crear un negocio, foi a de desenvolver económica e socialmente a contorna no que se estableceu. Desde a súa primeira etapa en Campeche, en paralelo á súa actividade no sector de distribución de combustibles, emprende numerosas actividades entre as que destacan o primeiro centro comercial en Campeche e o primeiro edificio moderno de oficinas que aínda hoxe é referencia arquitectónica na cidade.
A partir do ano 2000, GES segue crecendo con negocios de servizos como restaurantes de franquicias americanas de renome internacional como Burger King, Church’s Chicken e Applebee’s. O Grupo acaba converténdose no grupo empresarial mais importante do Estado de Campeche, un dos mais grandes do Sueste de México e dos máis importantes do País.
No seu afán de mellorar o país que o acolleu, participa no maior cambio político da historia recente de México ao ser un dos líderes que conseguen acabar con 70 anos de goberno dun mesmo partido.
Nos últimos anos ha incursionado novamente no sector inmobiliario co desenvolvemento dun gran proxecto, o Campeche Country Club (CCC), que dotou a Campeche dun complexo residencial, deportivo e de lecer único en todo México. No sector enerxético deu un importante salto coa participación nunha terminal de almacenamento de combustible no porto de Progreso, no veciño Estado de Iucatán.
O Grupo está mais orientado que nunca á achega do benestar da súa comunidade coa súa actividade empresarial, e tamén como Empresa Socialmente Responsable impulsando a actividade da Fundación Juan Camilo Mouriño.
Foi conselleiro dalgúns dos bancos máis importantes de México, e recoñecido en varias ocasións como Empresario referente na súa Cidade e País.
Ao seu regreso a España, Grupo GES diversifícase neste país e inviste en proxectos como Exisa e Grupo Puentes (construción), Norfood (hostalaría), Gandara Censa (calderería industrial), Utingal (utillajes e bens de equipo) e Molduras del Noroeste (materiais de construción). A súa última incursión foi no sector vinícola, Grandes Pagos Galegos, conformado por tres adegas en cada unha das principais denominacións de orixe de viño branco de Galicia: Rías Baixas, Ribeiro e Monterrei.
Ao longo de toda esta traxectoria, o RC Celta sempre foi a súa máxima paixón. Isto levoulle a aceptar a invitación a formar parte do Consello de Administración, e en 2006 acabou accedendo á Presidencia do Club que sempre soñara dirixir. A día de hoxe o RC Celta é recoñecido pola súa solidez financeira, pero sobre todo por ser o club de canteira que o celtismo historicamente reclamara.
Recibiu o galardón de Empresario do Ano en Galicia, que concede o Círculo de Empresarios de Galicia.
Con 77 anos segue emprendendo, e soñando en facer un Celta grande e sólido que transcenda mais alá da súa Presidencia.
Manuel Carlos Mouriño Atanes
Ricardo Barros Hermida
Vicepresidente, Nigrán, 1965
Iniciou a súa traxectoria profesional, na empresa familiar Hormigones Valle Miñor, S.A, sociedade do sector da construción dedicada á fabricación de formigón e elaboración de áridos, desempeñando diferentes cargos relacionados coa produción e administración da sociedade.
Posteriormente, en 2002, foi nomeado Conselleiro Delegado do grupo mercantil Grupo Miñor Galicia, composto por varias entidades de diversos sectores, como construción, promoción inmobiliaria, …
Ricardo Barros Hermida
Pedro Posada Martinez
Naceu en León, no ano 1944. Empresario dedicado ás Cimentacións Especiais e á extracción e elaboración de granitos. Foi Conselleiro Delegado de Pilotes Posada SA e Tablestacas y Pilotes, SA.
Na actualidade é Conselleiro Delegado e asesor de Cimiber SL e Conselleiro Delegado de Granitos Vigo SL, empresa dedicada á extracción e elaboración de Granitos.
Pedro Posada Martínez
María José Táboas Cabral
Licenciada en Filoloxía Española pola UNED. Na actualidade, ademais de Conselleira do Real Club Celta, é Tesoureira e membro do Comité Executivo e do Pleno da Cámara de Comercio de Vigo. Comezou a traballar en Citroën moi nova como auxiliar administrativa, onde cos anos ascendeu ao cargo de Directora de Relacións Exteriores e Institucionais, converténdose na primeira muller en formar parte do equipo de Dirección do xigante do motor na cidade olívica.
María José Táboas Cabral
Primitivo Ferro Rivadulla
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Diplomado pola Escola de Práctica Xurídica da USC en Dereitos Fundamentais e Liberdades Públicas, en Xestión Empresarial pola Escola de Organización Industrial de Madrid, e en Alta Xestión de Empresas Agroalimentarias polo Instituto Internacional San Telmo.
Avogado, Socio Director en España de Ferro Abogados, en Bogotá (Colombia) de Ferro Camargo Abogados e en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia) de Ferro Roca Abogados.
Conselleiro e Letrado Asesor de diversas compañías do ámbito empresarial galego.
Primitivo Ferro Rivadulla
Carmen Avendaño Otero
Nada en Vigo en 1954, foi unha pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando aos grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción, e é coñecida pola creación da fundación Érguete-Integración e a Asociación Érguete, da que é presidenta. Foi concelleira do PSOE e no Concello de Vigo, e deputada provincial do PSOE en Pontevedra e membro da asemblea xeral de Caixanova.
Obtivo numerosos premios entre os que destacan o Premio Xustiza e Sociedade, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, a Medalla Concepción Arenal e a Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social. Ocupa o posto 94 na lista dos 125 mais influentes e está incluída na base de datos de mulleres referentes galegas.
Carmen Avendaño Otero
José Fernando Rodilla Martínez
Nado en Vigo no 1950, procedente da canteira celeste, foi seleccionado 4 veces para xogar cola Selección Española sub23 e vestiu a camiseta do Celta entre os anos 1970 e 1976, formando parte do primeiro Celta europeo. Ademais, xogou un partido coa Selección Española ante Grecia en 1970. Tamén disputou un partido coa Selección Europa en homenaxe a Columna.
En relación á súa traxectoria empresarial, traballou doce anos no Banco Simeón, empezando como comercial e os últimos catro anos como Director de Oficina, representando unha das sucursais de Vigo.
Posteriormente traballou quince anos como Director da Caixa de Pensiones de Barcelona.
José Fernando Rodilla Martínez
Dirección Corporativa de Finanzas, Administración e RRHH
María José Herbón Prada
- Licenciada en Ciencias Empresariais na especialidade de Inversión e Financiación, pola Universidade de Vigo.
- Licenciada en Ciencias Económicas na especialidade de Facenda Pública, pola Universidade de Vigo.
- Titulación europea Certified EFFAS Financial Analyst (CEFA®).
- Master en Auditoría de Contas pola Universidade a Distancia de Madrid (UDIMA).
- Master of Business Administration (MBA) Executive, en IE Business School.
- Master Universitario en Dirección e Xestión de Recursos Humanos pola Universidad a Distancia de Madrid (UDIMA).
- PDE Xestión de Entidades Deportivas polo IESE-Business School-University of Navarra.
RC Celta
Maruxa Magdalena
- Licenciada en Ciencias Empresariais, especialidade Negocios e Marketing Internacional, pola European Business School de Londres.
- PSDV (Programa Superior en Dirección de Ventas) pola ESIC Business & Marketing School.
- Master en Marketing Digital por la ESIC Business & Marketing School.
Fundación Celta
Germán Arteta
- Diplomado en Marketing no Instituto Nacional de Técnicas Especializadas (INTE).
- Master en Marketing pola University of California. Bachelor Degree, Economics pola London School of Economics and Political Science (LSE).
Afouteza
Carlos Cao Pérez
- Enxeñeiro Técnico Industrial pola Universidade de Vigo.
- Master MBA Executive da Escola de Negocios Afundación.
- Master de Dirección de Empresas Construtoras e Inmobiliarias pola Universidade Politécnica de Madrid.
- International Business Program pola Georgetown University.
- Programa Transformación Dixital por ESADE.
GS360
Marian Mouriño Terrazo
- Na actualidade é membro da Xunta directiva do Circulo de Empresarios de Galicia, Conselleira Peninsular do BBVA Bancomer. Primeira Conselleira do Estado de Campeche. Ademais de CEO e accionista de Corporativo Ges España, empresa inversora en diferentes sectores. Así como inversionista en diversas «Start Ups».
- Participa en seminarios e conferencias.
- Maestría en Dirección Comercial e Marketing por IESIDE
- Bachelor in Business Administration with major in Marketing por University of Miami.