O porteiro do RC Celta Rubén Blanco foi operado esta mañá no Hospital Fremap de Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, quen precisou que foi unha cirurxía sen complicacións na que se comprobou o arrincamento completo do tendón do recto femoral. Indicou que na operación se reinsertou o tendón no óso na súa posición anatómica e se puxeron ademais factores de crecemento.
García Cota explicou que Rubén permanecerá ingresado 24 horas no hospital e nuns días comezará o proceso de recuperación, que se completará no prazo de catro a cinco meses.