20260122_CELTAvsLILLE_Diego_aficion_065
Celtismo

Xa están á venda as entradas do Celta – Real Madrid!

RC Celta

A partir deste momento, xa podes facerte coa túa entrada para o partido entre o Celta e o Real Madrid, correspondente á Xornada 27 de LALIGA EA SPORTS, que se disputará en Abanca Balaídos arredor da fin de semana do 8 de marzo, aínda con data e hora pendentes de confirmar.

Desde as 11:00 horas de hoxe, as entradas estarán dispoñibles para Carné Celtista desde 105 euros. Pasadas as primeiras 24 horas, abrirase a venda ao público xeral desde un prezo de 115 euros.

Non perdas a oportunidade de vivir o Celta dunha maneira especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todos os entresixos do estadio ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que gozarás de Abanca Balaídos como nunca antes.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas