16-9-15
As Celtas

Tati Barcia e As Celtas separan os seus camiños

RC Celta

As Celtas e Tati Barcia separan os seus camiños tras unha tempada que foi importante para o crecemento do proxecto.

A xogadora deixa a súa pegada na historia do celtismo despois dun curso no que, alén da súa achega sobre o terreo de xogo, gañouse o cariño das súas compañeiras e de toda a afección grazas ao seu compromiso, traballo e entrega.

O club agradécelle todo o vivido durante esta etapa e deséxalle moito éxito nos seus próximos retos.

Sorte, Tati!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas