O RC Celta buscará ante o Betis manter a súa impoñente xeira como local con entradas desde 14 euros

Abanca Balaídos é xa un impoñente sementeiro de puntos para o RC Celta, que, arroupado por unha afección absolutamente determinante, sumou 13 dos últimos 15 puntos en xogo no campo celeste. A próxima cita é de máxima esixencia: o cadro vigués recibe ao Betis (domingo 20, 16:15 horas) coa intención de prolongar unha xeira como … Continuación

O RC Celta ofrecerá desde este martes atención presencial aos seus abonados en Abanca Balaídos

O RC Celta continúa traballando para potenciar o achegamento e o coidado da súa masa social, alicerce fundamental para o crecemento do equipo e do club. Tras diversas reunións cos seus abonados para recoller as súas propostas e inquietudes, recibidas tamén polas diversas canles habilitadas para tal fin, o club dá un novo paso para … Continuación

Entradas desde 14 euros para o RC Celta-Mallorca

Abanca Balaídos estase convertendo, por fin, nun potente surtidor de puntos para o RC Celta, que en casa acumula catro xornadas consecutivas sen derrotas: tres vitorias e un empate. Os celestes buscarán reafirmar esa fortaleza como local ante o Mallorca (domingo 6, 18.30 horas) co aval do apoio dunha afección que nestes últimos encontros empurrou … Continuación

Gañadores da promoción “Acerta o resultado do Cádiz-Celta”

Os gañadores dos sorteos das últimas promocións realizadas polo RC Celta nos seus perfís de redes sociais foron os seguintes. O club contactará cos premiados por correo electrónico para xestionar a entrega dos premios.   Acerta o resultado “Cádiz-Celta” Dúas entradas Celta-Levante: Daniel Otero Diéguez Chaveiro RC Celta: Santi García Cameselle

Á venda, desde 10 euros, as entradas para o RC Celta – Levante UD

Tres vitorias consecutivas en casa, con entrega, bo fútbol e unha afección envorcada. O RC Celta buscará a cuarta o luns 21 ante o Levante (Abanca Balaídos, 21:00 horas) nun partido con entradas a prezos asequibles para que o equipo estea o máis arroupado posible ante este encontro que pode impulsar aos celestes na táboa. … Continuación

As bancadas de Abanca Balaídos vibraron ante o Rayo coa segunda mellor entrada da tempada

O celtismo respondeu á chamada do seu equipo e de que forma. Abanca Balaídos viviu ante o Rayo Vallecano a súa segunda mellor entrada, até o momento, da presente tempada: 12.546 espectadores. Tan só seiscentos celtistas menos que no encontro de LaLiga disputado ante o FC Barcelona o pasado mes de novembro. As medidas adoptadas … Continuación

O RC Celta crea a conta de Twitter @RCCeltaGL para comunicarse cos seus afeccionados en galego

O RC Celta reafirma a súa identidade e reforza o seu compromiso co idioma galego coa creación dunha conta de Twitter que informará aos seus afeccionados exclusivamente nesta lingua. Os seguidores celestes atoparán en @RCCeltaGL toda a información sobre o club e o equipo en galego, idioma que a entidade celeste utiliza de maneira habitual … Continuación

O RC Celta pon en marcha reunións cos seus abonados para escoitar as súas suxestións

O RC Celta puxo en marcha unha rolda de reunións cos seus abonados para escoitar de primeira man a súa problemática, comentarios e suxestións co fin de poder mellorar a súa relación co club e o servizo que este lles ofrece. Nestes encontros participan diversos empregados e responsables da entidade celeste e ata un centenar … Continuación

Á venda, desde 14 euros, as entradas para o partido ante o Rayo Vallecano

O RC Celta medirá os seus obxectivos da presente tempada nas próximas semanas tras un excelente desempeño nos últimos encontros, nos que sumou 10 dos 15 puntos posibles. O sábado da próxima semana, día 5 de febreiro, (Abanca Balaidos, 18.30 horas) o conxunto celeste recibe ao Rayo Vallecano, un encontro crave para impulsarse na táboa … Continuación

Os afeccionados deberán mostrar o certificado covid para acceder a Abanca Balaídos

Os afeccionados que este mércores acudan ao Estadio de Abanca Balaídos para presenciar o partido do RC Celta ante Osasuna deberán, en función da lexislación vixente, mostrar o certificado covid nos puntos de acceso. Para evitar colas nas portas de entrada, é aconsellable que os seguidores leven o certificado xa preparado para mostralo, sexa en … Continuación