O presidente expón con sinceridade e claridade o presente e futuro do RC Celta

  Carlos Mouriño protagonizou este venres un encontro dixital no que vigueses e celtistas tiveron a oportunidade de facer chegar as súas preguntas directamente ao presidente do RC Celta. O mandatario céltico iniciou a súa intervención analizando con total transparencia a situación actual do club e o seu futuro, centrándose na realidade sobre o estadio, … Continuación

LIGA | Celta-Eibar: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o partido deste domingo ante a SD Eibar (16:15, Balaídos).   A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván, Hugo Mallo, Fontàs, Pape, Radoja, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Beauvue, Jozabed, Hjulsager, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé, Roncaglia e Rossi.   Rubén, Lemos, Marcelo Díaz e Guidetti son baixas … Continuación

Os postes e a eficacia do Eibar desarman ao Celta (0-2)

  Celta e Eibar demostraron unha eficacia antagónica. Mentres ao cadro armeiro bastoulle un puñado de achegamentos para perforar a portaría celeste dúas veces, ao Celta foille imposible anotar a pesar de asexar a área armeira durante practicamente todo o segundo tempo.   O equipo vasco, superior na primeira parte, foise ao descanso por diante … Continuación

Rossi retirouse lesionado ante o Eibar e se lle fará unha resonancia

Giuseppe Rossi retirouse lesionado do campo durante a primeira parte do partido de Liga ante o Eibar en Balaídos. O Doutor Cota, xefe dos servizos médicos do club, realizou unha exploración do xeonllo esquerdo do xogador tras o encontro: "O que máis nos asusta son as súas sensacións" - declarou o galeno celeste - "Imos … Continuación

Rossi sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo

  As probas médicas realizadas ao dianteiro Giuseppe Rossi revelan que o futbolista céltico sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda, lesión producida no transcurso do partido de Liga ante o Eibar.   O xogador necesitará ser intervido cirurxicamente e o período de baixa non será inferior ao seis meses. O … Continuación

LIGA | O Celta visita La Rosaleda o domingo 7 de maio

  LaLiga anunciou os horarios correspondentes á xornada 36 de Primeira División. O RC Celta mídese ao Málaga CF en La Rosaleda o domingo 7 de maio ás 20:45. beIN Sports LaLiga retransmitirá o partido en directo.  

30.000 aplaudidores e un gran tifo para arroupar ao equipo ante o Genk

  O RC Celta inicia este xoves unha eliminatoria histórica ante o KRC Genk belga. Os celestes regresan a uns cuartos de final da UEFA Europa League dezaseis anos despois coa determinación de romper os rexistros do club e alcanzar por primeira vez unhas semifinais do torneo continental.   O ambiente en Balaídos e o … Continuación

Os abonados reubicados no Celta-Genk poden seguir recollendo as súas entradas este xoves

Os abonados de Tribuna (Alta e Baixa) aos que se lles comunicou que no partido Celta-Genk serán recolocados noutras localidades da bancada e que aínda non retirasen as entradas coas que poderán acceder a este encontro de Europa League, poderán recollelas este xoves en Balaídos.   En horario ininterrompido de 10:00 a 18:00, estas entradas … Continuación

A UEFA impón a Celta e Genk xogar co segundo equipamento como locais

  Por imposición da UEFA tanto o RC Celta como o KRC Genk lucirán como locais, nos dous partidos de cuartos de final da Europa League, o seu segundo equipamento. Por tanto, o RC Celta xogará esta noite de gris e o KRC Genk utilizará tamén o seu segundo equipamento no partido de volta.

UEL | Celta-Genk: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o partido deste xoves ante o KRC Genk (21:05, Balaídos).   A lista completa fórmana: Sergio, Iván, Hugo Mallo, Fontàs, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Beauvue, Jozabed, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Cabral, Roncaglia.   Rubén, Lemos e Rossi son baixas por lesión. … Continuación