Rubén Albés, galardoado pola RFEF nos Premios Ramón Cobo

Rubén Albés é o mellor adestrador do Grupo 1 da Segunda División B 2017/18. O técnico celeste, que a pasada tempada levou ao Celta B á promoción de ascenso tras asinar unha espectacular campaña, foi seleccionado pola RFEF como un dos galardoados dos Premios Ramón Cobo, que cada ano recoñecen o traballo dos mellores técnicos … Continuación

Diego Pampín regresa á Selección Española Sub-19

Santi Denia, adestrador da Selección Española Sub-19, citou ao canteirán celeste Diego Pampín de cara aos adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará do 24 ao 26 de setembro en Las Rozas. Esta é a segunda convocatoria da Sub-19 para o futbolista do Celta B, que anteriormente foi internacional coa Sub-17.

O canteirán David Vilán únese a Miguel na concentración da Sub-16

O canteirán celeste David Vilán incorporouse aos adestramentos oficiais da Selección Española Sub-16 en Las Rozas, en substitución do lesionado Alan Godoy. O xogador do Cadete A coincide na concentración do combinado nacional co seu compañeiro de equipo Miguel Rodríguez.

O Celta B regresa á senda da vitoria en Coruxo (0-1)

O Celta B levou o tres puntos do primeiro derbi vigués da tempada grazas a un tanto de Emmanuel Apeh. Tras caer derrotados ante a UD Sanse a pasada semana, os de Albés afrontaban o choque ante o Coruxo en O Vao co obxectivo de recuperar sensacións e reencontrarse coa vitoria. Un primeiros corenta e … Continuación

Coruxo-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para a cuarta xornada de 2ª B, na que os celestes mídense ao Coruxo en O Vao (domingo, 18:00 horas, tvG2). A listaxe fórmana Iván Villar, Fran Vieites, Sergio, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Rai, Dani Molina, Solís, Álex Serrano, Pastrana, Dani Vega, Jacobo … Continuación

O cadete celeste Miguel Rodríguez debuta nunha lista da Sub-16

O canteirán celeste Miguel Rodríguez, xogador do Cadete A, foi seleccionado por Julen Guerreiro para participar nos adestramentos oficiais que a Selección Española Sub-16 realizará do 17 ao 19 de setembro en Las Rozas. Esta é a primeira vez que Miguel entra nunha convocatoria da Sub-16.

Celta B – UD Sanse: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da terceira xornada de 2ª B, na que os celestes reciben á UD Sanse en Barreiro (domingo, 12:00 horas, tvG2). A listaxe fórmana Iván Villar, Fran Vieites, Sergio, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Rai, Dani Molina, Solís, Álex Serrano, … Continuación

Guinea Ecuatorial convoca ao xogador do filial Iban Salvador

A Selección de Guinea Ecuatorial convocou a Iban Salvador, futbolista do Celta B, de face ao partido clasificatorio para a Copa Africana de Nacións ante Sudán que o combinado guineano disputará o próximo 8 de setembro en Malabo. O atacante celeste non estará dispoñible por tanto para o partido ante o Sanse en Barreiro (domingo … Continuación

Unha vitoria en Abegondo catapulta ao Celta B ao liderado (0-1)

Un tanto do dianteiro Dennis Eckert, quen se uniu á expedición do Celta B a Abegondo no último momento tras ser convocado polo primeiro equipo, deu o triunfo aos celestes no derbi de filiais ante o Deportivo Fabril. Un erro do porteiro deportivista propiciou o tanto de Dennis, co que os de Albés suman de … Continuación

Deportivo B – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 17 xogadores para a segunda xornada de 2ª B, na que os celestes mídense ao Deportivo B en Abegondo (domingo, 18:00 horas, tvG2). A listaxe fórmana Iván Villar, Fran Vieites, Sergio, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Rai, Dani Molina, Solís, Álex Serrano, Pastrana, Jacobo González, Aarón … Continuación