Andalucía gaña o exitoso Nacional Sub-12 organizado por RC Celta e Futgal

A Madroa puxo fin este domingo a unha exitosa edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-12 de Fútbol 8, organizado nesta ocasión polo RC Celta e a Federación Galega de Fútbol. Andalucía erixiuse en xusta vencedora do torneo ao vencer na final a Cataluña por catro goles a un. Durante tres días, de … Continuación

D.O. Celta: fútbol e valores danse a man na canteira celeste

O departamento de categorías inferiores do RC Celta desenvolveu un sistema innovador para a valoración dos xogadores da canteira celeste. Baixo o nome de 'Denominación de Orixe Celta', este método de avaliación non só ten en conta os aspectos futbolísticos, senón que outorga especial valor ao comportamento, os valores e o rendemento académico: "Este programa … Continuación

O Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse a xornada, sitúase a tan só tres puntos do líder, precisamente o Deportivo Fabril. Os celestes foron netamente superiores ao conxunto coruñés durante todo o partido. Drazic adiantou aos vigueses no primeiro tempo cun golazo, marcado sen … Continuación

Deportivo Fabril-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Deportivo Fabril (El Mundo del Fútbol, 18:00 horas) correspondente á xornada 35 de Segunda División B, entre eles os xuvenís Fran Vieites e Franco Lobos. A listaxe fórmana: Sotres, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Rai, Serrano, … Continuación

A metodoloxía de canteira celeste, materia de estudo nun máster da RFEF

O RC Celta regresou por segundo ano consecutivo ao Máster de Adestradores de Fútbol da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) para compartir cos alumnos o método de fútbol base céltico. O responsable de metodoloxía do club, Eduardo Covelo, impartiu o pasado martes un relatorio sobre o sistema de traballo de canteira do RC Celta … Continuación

Os xogadores do RC Celta, ‘mestres’ da canteira celeste

O recoñecido método de traballo da canteira celeste continúa crecendo e fortalecéndose con novas iniciativas para potenciar ao máximo o futuro dos canteiráns do club. O departamento de categorías inferiores do RC Celta iniciou esta tempada unhas 'Xornadas de Tecnificación e Convivencia' dentro do programa SICO (Sesións Individuais e Colectivas de Optimización), unha sorte de … Continuación

Outra xornada inolvidable de LaLiga Genuine para o Celta Integra

Mallorca acolleu a pasado fin de semana a terceira xornada de LaLiga Genuine. Unha vez máis, a competición sobordou fútbol, ilusión e compañeirismo polo catro custados, cun Celta Integra que destacou tanto no deportivo como no humano. Os celestes venceron por 2-1 aos anfitrións e ao Atlético de Madrid e empataron 1-1 ante o Vilarreal, resultados … Continuación

O Celta acelera cara o playoff (1-0)

Exercicio sobresaliente de entrega e convicción o realizado polo Celta B ante unha Ponferradina que non puxo as cousas fáciles ao filial celeste. Os de Albés foron de menos a máis, finalizaron o primeiro tempo cun bo puñado de ocasións claras e, na segunda parte, dominaron fronte a un dos mellores rivais que pasaron por … Continuación

Celta B-Ponferradina: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 20 xogadores para o partido deste domingo ante a SD Ponferradina (Barreiro, 12:00 horas) correspondente á xornada 34 de Segunda División B, entre eles aos xuvenís Fran Vieites e Franco Lobos. A listaxe fórmana: Sotres, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Iago, Alomerovic, Rai, Serrano, Tià, … Continuación

O centrocampista do filial Dani Molina renova co RC Celta

O RC Celta selou a continuidade do centrocampista do filial Dani Molina, quen se compromete co club vigués por unha tempada con outro tres opcionais. Dani Molina (Huelva, 1996) chegou ao Celta B no mercado invernal da 2016/17. O onubense disputou 34 partidos co filial celeste nos que anotou dous goles. Ademais de demostrar a … Continuación