INFANTIL A | O Celta proclámase campión da Nicosia International Youth Cup

  Novo éxito da canteira celeste. O Celta Infantil A proclamouse este venres campión da Nicosia International Youth Cup 2016 ao imporse cun solvente 3-0 ao chipriota Spazio FC. Os canteiráns chegaron á final tras imporse na fase de grupos ao mesmo rival, o Spazio FC, por 4-1 e ao Apoel Nicosia por 4-0. Na … Continuación

O Celta B pecha unha primeira volta memorable cun novo triunfo

O Celta B regresou ao carreiro da vitoria tras a frustrante derrota da pasada xornada en campo do Caudal Deportivo. Os celestes foron netamente superiores a un Guijuelo combatente e duro que recortou diferenzas cando máis desarmado parecía. Antes chegaron os goles célticos, un espectacular tanto de Hicham na primeira parte e outro de Brais … Continuación

O Celta comeza a súa participación no VII Torneo Alevín Power-GOL Cup

  Os dous equipos alevíns do Celta xa están en Barcelona para participar desde este luns e até o domingo no VII Torneo Alevín Power-GOL Cup, unha competición de fútbol-7 na que, ademais dos celestes, participan clubs punteiros como Espanyol, Sevilla, FC Barcelona, Real Madrid, Málaga, Sampdoria, Vilarreal, Deportivo, Manchester City ou Valencia.   Os … Continuación

Borja Iglesias convértese no máximo goleador histórico do Celta B

  O santiagués Borja Iglesias xa forma parte da historia do Real Club Celta. O dianteiro do filial celeste converteuse a pasada xornada no máximo goleador na historia do Celta B ao alcanzar a cifra de 53 dianas, unha máis que as conseguidas por Goran Maric, anterior posuidor da marca.   Iglesias conseguiu a fazaña … Continuación

Caudal-Celta B: lista de convocados

  O adestrador do Celta B, Alejandro Menéndez, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 18 de Segunda División B ante el Caudal Deportivo (domingo, 18:30, Hermanos Antuña).   A lista fórmana Néstor, Iván Villar, Agus, Kevin, Castellano, Samu, Roger, Alende, Juan Hdez, Juan Ros, Gus Ledes, Borja Fdez, Brais Méndez, Adrián, Juan … Continuación

CELTA B | Imparables! Goleada con triplete de Hicham e undécimo triunfo da tempada

  O Celta B vive un momento de forma espectacular. A confianza en si mesmos dos xogadores adestrados por Alejandro Menéndez é extraordinaria e así quedou patente no partido ante a Arandina desde o primeiro compás. O crónometro de Barreiro apenas se aproximaba ao segundo minuto de xogo cando Hicham perforou a portaría defendida por … Continuación

Os técnicos da Madroa reúnense con Eduardo Domínguez, referente na preparación física

  A coordinación das categorías inferiores celestes organizou esta semana unha nova charla-coloquio para os técnicos da Madroa. Nesta ocasión o invitado foi Eduardo Domínguez, ex preparador físico do RC Celta e un referente neste campo a nivel nacional. Domínguez expuxo aos asistentes a súa visión do fútbol base e, en concreto, na área da … Continuación

Celta Brasov enfrontarase ao Dinamo de Bucarest na copa de Romanía sub19

A escola do RC Celta na cidade romanesa de Brasov avanza con paso firme no seu crecemento. A pasada semana o equipo sub19 da escola celeste avanzou aos oitavos de final da copa de Romanía e mañá enfrontarase ao histórico club Dinamo de Bucarest. O club romanés é ademais un referente no país, pois conta … Continuación

Un Celta B sen límites golea en casa do Boiro

  O Celta B segue imparable. Os de Menéndez sumaron este domingo ante o CD Boiro a décima vitoria da tempada e seguen en postos de promoción de ascenso con 5 puntos de colchón. O filial celeste asinou un recital no Municipal de Barraña cun Borja Iglesias ofrecendo a súa mellor versión. O santiagués abriu … Continuación

O RC Celta e a súa Fundación asinan un convenio de colaboración có Club Pachuca mexicano

  O RC Celta a través da Fundación Celta de Vigo selou un importante convenio de colaboración cun dos clubs referente no fútbol mexicano, o Club de Fútbol Pachuca. No acto de firma estiveron presentes Jesús Martínez Patiño, presidente do Grupo Pachuca e Carlos Mouriño, presidente do RC Celta.   O acordo ten como fin … Continuación