Arrinca a pretempada do Celta Fortuna

O Celta Fortuna comeza hoxe a pretempada na Cidade Deportiva Afouteza. Tras pasar as pertinentes probas médicas o pasado venres 12 de xullo, o filial celeste empeza a quentar motores para a próxima campaña. O adestrador moañés Fredi Álvarez convocou a 25 xogadores para iniciar as actividades: Javi Rodríguez, Gael Alonso, Tincho, Manuel Fernández, Fer … Continuación

Óscar Marcos, Ángel Arcos, Hugo Burcio e Pablo Gavián, no plantel do Celta Fortuna

O Celta Fortuna iniciou este luns a preparación para a tempada 2024/25 na Cidade Deportiva Afouteza coa incorporación de varios talentos xuvenís. Tras a súa sobresaliente actuación no Xuvenil A, Óscar Marcos, Ángel Arcos, Hugo Burcio e Pablo Gavián únense ao filial celeste neste primeiro día de pretempada, xa como integrantes do plantel do Celta … Continuación

Iván Garriel, novo xogador do Celta Fortuna

O Real Valladolid e o RC Celta pecharon a cesión con opción de compra de Iván Garriel ao filial celeste. O mozo lateral esquerdo de 19 anos, unha das promesas máis destacadas da canteira blanquivioleta, convértese no terceiro reforzo do Celta Fortuna para a presente tempada. O iscariense, internacional coa sub-17 e sub-19, vén de … Continuación

Marc Vidal: “O Celta é un club familiar e incrible”

Marc Vidal fala con Celta Media tras a súa chegada a Vigo como novo porteiro do Celta Fortuna. Escoita as súas primeiras declaracións!

Marc Vidal, fiabilidade e talento para a portería do Celta Fortuna

Marc Vidal ficha polo Celta Fortuna tras finalizar a súa etapa como gardameta do Barça Atlètic. O villarrealense, que asina co club celeste por catro tempadas, conta cunha destacada traxectoria no fútbol da Segunda División B e a Primeira RFEF, ademais de en Copa do Rey. A súa carreira comezou no Vilarreal B, posteriormente defendeu … Continuación

Así será a pretempada do Celta Fortuna

O Celta Fortuna comeza a súa pretempada esta semana. O vindeiro venres arrincarán as probas médicas e o luns 15 de xullo iniciaranse os adestramentos na Cidade Deportiva Afouteza. Tras unha campaña excepcional na que o equipo filial alcanzou a cuarta posición, asegurando o seu lugar no play-off de ascenso a Segunda División, os celestes … Continuación

O Celta Fortuna xa coñece aos seus rivais da próxima tempada

A RFEF anunciou a configuración dos grupos de Primeira Federación para a tempada 24/25. A división realizouse seguindo unha distribución norte/sur e os criterios aprobados pola Federación establecen que en cada grupo haberá dous equipos descendidos e cinco equipos dependentes. Baixo esta configuración, o Celta Fortuna competirá no Grupo I de Primeira Federación e os … Continuación

Lautaro de León emprende unha nova etapa profesional

Tras a finalización do seu contrato, o pasado 30 de xuño, Lautaro de León conclúe a súa vinculación co RC Celta. O dianteiro, que militaba cedido no CD Mirandés, pecha unha etapa co club vigués tras máis de 4400 minutos de xogo coa camiseta celeste entre canteira e primeiro equipo. O RC Celta quere agradecerlle … Continuación

Programación da canteira do RC Celta (do 1 ao 7 de xullo)

Resultados da canteira do RC Celta (29 e 30 de xuño)