O Celta B asina un empate sen goles en Pasarón

Pontevedra e Celta B asinaron as táboas nun partido sen goles e con escasas ocasións disputado no Municipal de Pasarón. O filial celeste sitúase no terceiro posto antes da visita da UD Las Palmas Atlético, sétimo clasificado, o vindeiro domingo 7 de outubro ás 12:00 en Barreiro. FICHA TÉCNICA 0-PONTEVEDRA: Edu, Nacho López, Castro, Víctor … Continuación

Pontevedra-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da sexta xornada de 2ª B, na que os celestes visitan o campo do Pontevedra CF (domingo, 17:00 horas, tvG2). A lista fórmana Iván Villar, Jero, Ros, Alende, Riki, Fontán, Farrando, Pampín, Alomerovic, Rai, Dani Molina, Álex Serrano, Pastrana, … Continuación

Riki e Iban Salvador, convocados con Venezuela e Guinea Ecuatorial

Os xogadores do Celta B Riki Mangana e Iban Salvador foron convocados polas súas seleccións para partidos internacionais. Riki concentrarase en España coa Selección de Venezuela Sub-20 entre os días 8 e 17 de outubro para a disputa de dous encontros de preparación, mentres que Iban Salvador participará con Guinea Ecuatorial nos encontros da terceira … Continuación

O Celta B exhibe a súa pegada ante o Rápido de Bouzas (3-0)

O Celta B mantense no podio da clasificación tras conquistar outros tres puntos. Os celestes enfrontáronse ao Rápido de Bouzas nun derbi vigués moi igualado, pero no que os de Albés demostraron moita máis pegada. Dúas expulsións do lado aurinegro, que terminou o encontro con nove, condicionou o devenir do choque. Jacobo, Pastrana e Alende … Continuación

Rubén Albés: «Queremos converter as vitorias nun hábito»

Celta Media entrevista a Rubén Albés, adestrador do Celta B, na previa do derbi vigués ante o Rápido de Bouzas en Barreiro.

Rubén Albés, galardoado pola RFEF nos Premios Ramón Cobo

Rubén Albés é o mellor adestrador do Grupo 1 da Segunda División B 2017/18. O técnico celeste, que a pasada tempada levou ao Celta B á promoción de ascenso tras asinar unha espectacular campaña, foi seleccionado pola RFEF como un dos galardoados dos Premios Ramón Cobo, que cada ano recoñecen o traballo dos mellores técnicos … Continuación

Diego Pampín regresa á Selección Española Sub-19

Santi Denia, adestrador da Selección Española Sub-19, citou ao canteirán celeste Diego Pampín de cara aos adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará do 24 ao 26 de setembro en Las Rozas. Esta é a segunda convocatoria da Sub-19 para o futbolista do Celta B, que anteriormente foi internacional coa Sub-17.

O Celta B regresa á senda da vitoria en Coruxo (0-1)

O Celta B levou o tres puntos do primeiro derbi vigués da tempada grazas a un tanto de Emmanuel Apeh. Tras caer derrotados ante a UD Sanse a pasada semana, os de Albés afrontaban o choque ante o Coruxo en O Vao co obxectivo de recuperar sensacións e reencontrarse coa vitoria. Un primeiros corenta e … Continuación

Coruxo-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para a cuarta xornada de 2ª B, na que os celestes mídense ao Coruxo en O Vao (domingo, 18:00 horas, tvG2). A listaxe fórmana Iván Villar, Fran Vieites, Sergio, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Rai, Dani Molina, Solís, Álex Serrano, Pastrana, Dani Vega, Jacobo … Continuación

O Celta B sofre ante o Sanse a súa primeira derrota da tempada (0-2)

O primeiro tramo do partido foi un rigoroso exercicio táctico que anulou espazos e evitou achegamento algún en ambas áreas. Primaron a orde e a minimización do risco e os minutos pasaron sen axitación algunha. Nos últimos minutos da primeira metade, o Sanse empuxou con forza ante un impreciso filial e Castel anotou a falta … Continuación