O RC Celta impúxose ao Coruxo FC no partido de adestramento en Balaídos

RC Celta e Coruxo FC disputaron este xoves en Balaídos un partido de adestramento no que os celestes se impuxeron 5-0 con goles de Víctor Pastrana, Facundo Roncaglia, Paul Roigé e dobrete de Lucas Boyé. Ademais de Sergio, Hugo Mallo, Fontàs, Radoja, Aboiei, Jozabed, Jonny, Sergi Gómez, Mor, Cabral e Roncaglia, tamén participaron no partido … Continuación

O lateral Diego Pampín sofre unha fisura no quinto metatarsiano

O lateral esquerdo do Celta B, Diego Pampín, sufriu no último partido de Liga, disputado o pasado domingo ante o Racing de Ferrol unha fisura no quinto metatarsiano do pé dereito, lesión pola que foi substituído na primeira metade. Os servizos médicos do RC Celta aplicaranlle ao internacional celeste un tratamento conservador á espera de … Continuación

O Celta B faise forte en Barreiro (1-0)

O Celta B encadeou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva como local e o cuarto partido en Barreiro sen coñecer a derrota. Os celestes adiantáronse no primeiro cuarto de hora cun tanto de Juan Hernández, de volta ao once titular tras cumprir sanción a pasada xornada. Con este triunfo os celestes ocupan a sétima … Continuación

Un penalti dubidoso deixa ao Celta B sen puntuar no campo da UD Sanse

O Celta B volveu cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha da súa visita ao campo da UD Sanse. As táboas no marcador mantivéronse ata que, a sete minutos para o asubío final, o colexiado sinalou unha falta moi dubidosa dentro da área. Os locais non desaproveitaron a ocasión e marcaron o … Continuación

UD Sanse-Celta B: listaxe de convocados

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 19 xogadores para o partido da xornada 29 de Segunda División B ante a UD Sanse (domingo, 12:00, Nueva Matapiñonera). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Kevin, Robert, Ros, Pampín, Alomerovic, Riki, Iago, Rai, Serrano, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Franco Lobos, Drazic e Dennis. Solís e … Continuación

O Celta B supera ao líder cunha exhibición de ‘afouteza e corazón’ (2-1)

Extraordinario partido do Celta B ante o primeiro clasificado do Grupo 1, o Fuenlabrada. Os de Albés non só tutearon ao líder, senón que se fixeron co dominio do choque segundo avanzou o cronómetro e, con goles de Agus e Molina, selaron unha vitoria chea de 'afouteza e corazón'. Os visitantes adiantáronse ao vinte minutos … Continuación

O Xogador Definitivo con Brais Méndez

Derrota pola mínima do Celta B en Toledo (1-0)

O triunfo continúa sendo esquivo para o Celta B lonxe de Barreiro. Os celestes caeron pola mínima no campo do Toledo este domingo a pesar de comezar dominando o partido e de gozar dun bo puñado de ocasións para polo menos puntuar. Os locais adiantáronse no minuto 37 do primeiro tempo, cederon o esférico ao … Continuación

Toledo-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 27 de Segunda División B ante o Toledo (domingo, 12:00, Salto del Caballo). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Kevin, Robert, Ros, Pampín, Riki, Rai, Serrano, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Juan Hernández, Drazic e Dennis. Solís e Alende … Continuación

O Celta B enterra a súa racha cunha goleada ao Cerceda

O Celta B puxo fin a súa racha cunha traballada vitoria ante o Cerceda. Os celestes buscaron con empeño superar a firme barreira defensiva do rival para obter un triunfo que os liberase da ansiedade xerada polos resultados deste 2018. Un gol en propia porta, e dous de Juan Hernández e Dani Molina enterraron a … Continuación