Diego Alende: rotura parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito

O central do Celta B Diego Alende sufriu durante o partido do pasado domingo ante o Atlético de Madrid B unha rotura parcial de alto grado do ligamento lateral interno do xeonllo dereito. Os servizos médicos do RC Celta aplicaranlle ao canteirán un tratamento conservador e prevén un tempo de baixa de entre dous e … Continuación

O Celta B incorpora ao mediocentro ofensivo Álex Serrano

O RC Celta pechou a incorporación do centrocampista Álex Serrano para o seu equipo filial. O xogador barcelonés chega procedente do RCD Mallorca para vestir a camiseta celeste a próxima tempada e media con opción a outro tres campañas opcionais. Álex Serrano (Barcelona, 1995) é un novo mediocentro ofensivo zurdo que destaca pola súa visión … Continuación

Celta B-Atlético B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 23 de Segunda División B ante o Atlético de Madrid B (domingo, 12:00, Barreiro). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Alomerovic, Iago, Pampín, Riki, Rai, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Juan Hernández, Drazic e Dennis. Solís e … Continuación

O Celta B cae ante a Unión Adarve na recta final do partido (1-0)

O filial celeste perdeu no complicado campo da Unión Adarve cun tanto encaixado nos últimos minutos do choque. O partido estivo aberto para os dous equipos e os vigueses, con máis posesión, dispuxeron de suficientes ocasións para adiantarse no marcador. Os locais deron un paso á fronte na segunda parte, esixindo máis á defensa olívica. … Continuación

Unión Adarve-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 17 xogadores, entre eles ao xuvenil Franco Lobos, para o partido da xornada 22 de Segunda División B ante a Unión Adarve (domingo, 12:00, Polideportivo Vicente del Bosque). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Alomerovic, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Juan … Continuación

O Celta B tira de ‘afouteza’ para empatar ante a Gimnástica

Barreiro viviu dous partidos: un gris ata o minuto 70 e outro vibrante ata o pitido final. Cun Celta dono do balón pero desacertado e unha Gimnástica Segoviana conservadora que rendibilizou ao máximo as súas escasas chegadas, a primeira parte do choque estivo marcada pola polémica. Ao bordo do descanso, Juan Hernández caeu na área … Continuación

Celta B-Gimnástica Segoviana: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores, entre eles o xuvenil Franco Lobos, para o partido da xornada 21 de Segunda División B ante a Gimnástica Segoviana (sábado, 15:45, Barreiro). A lista fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alomerovic, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández, Franco … Continuación

O Celta B comeza a segunda volta puntuando fóra da casa (1-1)

O Celta B levou un punto de Pasarón no primeiro partido da segunda volta da Segunda División B. Os celestes adiantáronse mediado o primeiro tempo cun tanto de Juan Hernández e gozaron de ocasións para aumentar a súa vantaxe. Unha das máis claras tívoa Drazic a media hora do asubío final, pero o porteiro local … Continuación

Pontevedra-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores, entre elos o xuvenil Franco Lobos, para o partido da xornada 20 de Segunda División B ante o Pontevedra CF (domingo, 17:00, Pasarón). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández, Franco … Continuación

O canteirán Adrián Rodríguez xogará cedido no Rápido de Bouzas

Adrián Rodríguez, dianteiro do Celta B, xogará cedido no Rápido de Bouzas de Segunda División B ata final da tempada 2017/18. O RC Celta desexa ao xogador o maior dos éxitos durante a súa etapa no conxunto aurinegro.