O Celta Fortuna leva os tres puntos na visita de Unionistas a Barreiro (2-1)

O Celta Fortuna suma a súa sétima vitoria en liga tras gañar 2-1 ao Unionistas de Salamanca. Barreiro foi o escenario dunha impecable actuación do filial celeste, que a pesar da expulsión de Javi Domínguez no tramo final do encontro soubo defender a vantaxe outorgada por Hugo Álvarez e Tincho e reter os tres puntos … Continuación

O Celta Fortuna cae en Las Llanas ante o Sestao (1-0)

O Sestao River rompe co refacho da Celta Fortuna tras unha traballada vitoria en Las Llanas. Os locais conseguiron impoñerse, con gran esforzo, ao líder da clasificación. Os de Aitor Cale, que viñan de acumular tres derrotas consecutivas na competición, buscaban sacarse as teas de araña ante a súa afección e pouco tardaron en logralo. … Continuación

Celta Fortuna, imparable ante un duro CE Sabadell FC (4-2)

O Celta Fortuna consegue sumar de tres ante un Sabadell duro de roer e baixo o diluvio de Barreiro (4-2). O cuarto triunfo consecutivo dos celestes lévaos a pasar a noite acomodados na calma ligada ao liderado da Primeira Federación. O dominio absoluto dos locais protagonizou a primeira parte con múltiples chegadas á área e … Continuación

Claudio Giráldez cumpre 50 partidos como adestrador do Celta Fortuna

O duelo do pasado sábado 28 de outubro ante o CE Sabadell FC, adscrito á xornada 10 en LaLiga Hypermotion, foi o partido número 50 do preparador de 35 anos Claudio Giráldez aos mandos do Celta Fortuna. Desde a súa chegada ao banco filial, o técnico porriñés leva liderados 38 encontros da fase regular da … Continuación

A Celta Fortuna logra a súa terceira vitoria consecutiva ante o Osasuna (2-3)

O perfecto equilibrio entre defensa-ataque e unha boa lectura do xogo levan aos de Claudio Giráldez a despedirse da xornada 9 na parte alta da Primeira Federación. O encontro iniciou dando pinceladas do que sería a tónica dos seguintes 90 minutos. Os pases en curto, o xogo vertical e que o rival non cruzase o … Continuación

LOs afeccionados celestes xa poden adquirir as entradas para o Celta B – Mérida ao prezo de 10 euros

Un Celta B en constante crecemento recibe este domingo en Barreiro ao Mérida (17.00 horas) co obxectivo de prolongar a súa serie de tres encontros sen perder, Os celestes buscarán unha vitoria que lles permita escalar posicións na táboa e reafirmar as boas sensacións obtidas nos últimos encontros. Para este partido, os abonados poderán acceder … Continuación

Resumo | Celta B – RC Deportivo de La Coruña (1-1)

O Celta B asina un empate ante o Deportivo da Coruña en Abanca Balaídos (1-1) no partido correspondente á quinta xornada da Primeira RFEF 2022/2023. O capitán, Iker Losada, anotou o gol dos celestes.

O Celta B empata en Abanca Balaídos ante o Deportivo da Coruña

O Celta B cultivou ante o Deportivo da Coruña (1-1) o segundo empate da tempada no partido correspondente á quinta xornada deste curso 22/23 da Primeira Federación. Os do filial estrearon o novo céspede de Abanca Balaídos nun derbi apaixonante para ambos clubs. Un encontro que se presentou ilusionante para os celestes tras conseguir poñerse … Continuación

Xa á venda , solo para abonados, as entradas para o derbi do sábado en Abanca Balaídos

Á venda, só para abonados, as entradas para o derbi do sábado en Abanca Balaídos O RC Celta xa puxo á venda, de maneira exclusiva para os seus abonados, as entradas para o partido do sábado entre o Celta B e o Deportivo da Coruña (Abanca Balaídos, 18.00 horas). Os prezos son de 15 euros … Continuación

Resumo | Celta B – Córdoba CF (1-2)

O Celta B asina a segunda derrota da tempada 2022/2023 en Barreiro ante o CF Córdoba (1-2). Lautaro anotou o gol dos celestes.