“A Canteira”, o torneo de FIFA20 da Fundación Celta dirixido á mocidade

A situación extraordinaria de confinamento que estamos a vivir é complicada para todos, pero poida que mesmo máis para os novos. Co obxectivo de facer máis amenas estas datas, a Fundación Celta organizou un torneo do videoxogo FIFA20 que, en primeiro lugar, estaba dirixido a futbolistas da súa canteira, escolas, clubs convidos e equipos AFAVI, … Continuación

A unidade móbil de ADOS regresa o venres 24 de abril a Abanca Balaídos

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade regresa a Abanca Balaídos este venres 24 de abril. O autobús estará no interior do estadio para que todas aquelas persoas que queiran facer unha doazón de sangue poidan facelo respectando e cumprindo todas as medidas de seguridade. O … Continuación

Éxito de participación na ‘II Competición Amigable Fundación Celta’

A 'II Competición Amigable Fundación Celta' reuniu de forma virtual a moitos equipos que forman parte da estrutura das escolas   O desafío, que tivo un gran éxito e repercusión, era o de unir a todos os equipos, técnicos, novos e pais nunha mesma competición de carácter amigable. Aplicouse a filosofía de que o máis … Continuación

Sergio chama por sorpresa a un xogador do Celta Integra

Vaia sorpresa levou Javi! O xogador do Fundación Celta Integra recibiu a chamada de Sergio Álvarez para celebrar que LaLiga Genuine xa ten a súa colección de cromos de Panini.

A Fundación Celta a través de Celta Academy ofrecerá charlas formativas semanais online do 11 de maio ao 1 de xuño

Debido a esta situación que nos tocou vivir e ante a imposibilidade de volver adestrar nestes momentos, quérese aproveitar este final de tempada para seguir coa formación de toda a rede de adestradores que forman a nosa estrutura a través de clubes convidos coa Fundación Celta. Neste ciclo de charlas formativas virtuais abordaranse diferentes temáticas … Continuación

Histórico logro do Xuvenil A: disputará a próxima edición da UEFA Youth League

Profunda alegría no RC Celta. O Xuvenil A, dirixido por Jorge Cuesta, será un dos representantes españois a próxima tempada na máxima competición continental: a UEFA Youth League. A Real Federación Española de Fútbol fixo oficial este luns a participación do conxunto celeste no torneo europeo ao ser o equipo de toda a categoría xuvenil … Continuación

Final do ciclo de charlas formativas online da Fundación Celta

Durante o mes de maio a Fundación Celta levou a cabo un ciclo de charlas formativas para todos os adestradores de clubs convidos. O obxectivo foi achegar a nosa metodoloxía e abrir as portas da Canteira para ensinar o traballo diario desde diferentes perspectivas. Nestas charlas, impartidas por técnicos da estrutura de categorías inferiores do … Continuación

Campus de verán 2020

INSCRÍBETE NOS CAMPUS DE VERÁN DA FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ! Como cada tempada, a Fundación Celta organiza o Campus de verán, que se poñerá en marcha o próximo 29 de xuño. Unha oportunidade para que os máis pequenos retomen a actividade deportiva e vivan os valores do deporte. Os campus celebraranse en Vigo ao longo … Continuación

Comezan os campus de verán da Fundación Celta

Este luns comezaron os campus de verán que cada ano organiza a Fundación Celta. O campo de Os Remedios, en Ourense, e o Federativo de Coia foron as dúas instalacións nas que comezou a rodar o balón entre os máis pequenos. Todos os participantes, ademais, recibiron o segundo equipamento do RC Celta como agasallo. Tanto … Continuación

Charla de primeiros auxilios no campus de Coia

Esta mañá os participantes no campus da Fundación Celta que se celebra en Coia recibiron unha charla sobre primeiros auxilios. Durante a sesión, os mozos/as aprenderon sobre cómo actuar fronte a situacións que se poden atopar na súa vida cotiá e mostráronse moi participativos. Agradecemos á asociación VODEA pola súa boa disposición para acudir ao … Continuación