
Xa está dispoñible a pre-reserva das localidades para o encontro ante o Atlético de Madrid que terá lugar o vindeiro sábado, 9 de maio ás 18:30h, no Estadio Riyadh Air Metropolitano. A continuación, explicamos detalladamente como realizar o proceso e cales son os pasos a seguir desde o Portal do Celtista:
-
Pre-reserva e adxudicación
Para optar a unha entrada na bancada visitante cuxo prezo será de 30€, é necesario realizar unha inscrición no Portal do Celtista de xeito individual ou en grupo (dun máximo de 6 celtistas) e un pago de pre-reserva (5 euros) co obxectivo que as peticións sexan en firme, que se devolverá no caso de non ser seleccionado/a.
Este pago non garante automaticamente a entrada, senón que permite participar no proceso de adxudicación, que se rexe polos seguintes criterios:
75% das entradas asígnanse segundo a antigüidade: tense en conta a media de antigüidade no caso de grupos e a antigüidade individual en solicitudes privados.
25% das entradas adxudícanse mediante un sorteo entre os solicitantes restantes.Unha vez finalizado o proceso de adxudicación, todos os rexistrados reciben un correo informando sobre o resultado da súa solicitude.
-
Pago final para os seleccionados
Os celtistas que resulten seleccionados recibirán un correo de confirmación coas instrucións para completar a compra abonando a diferenza respecto á pre-reserva realizada.
Para formalizar a compra, deben seguir estes pasos:
Acceder a o Portal do Celtista e dirixirse ao apartado “Entradas Visitante“.
Completar o pago dentro de un prazo máximo de 48 horas desde a recepción do correo.
Recibirán a confirmación da compra e a información sobre a entrega da entrada.⚠ Importante: Se o pago non se realiza dentro do prazo indicado, o dereito á compra da entrada perderase e o importe da pre-reserva non será reembolsado.
-
Devolución para os non seleccionados
- Aqueles afeccionados que non resulten seleccionados recibirán un correo coa notificación e, de forma automática, o club procederá a o reembolso íntegro do importe da pre-reserva no mesmo método de pago utilizado durante a inscrición.
-
Confirmación e entrega de entradas
Os seguidores que completen o proceso de compra recibirán un correo de confirmación. É importante lembrar que o comprobante de pago non é válido como entrada. As entradas serán en formato dixital e enviaranse ao correo do celtista unha vez finalizado o prazo de venda.
Unha vez realizada a compra, non se permiten cambios nin devolucións.
A pre-inscrición para as entradas está dispoñible no Portal do Celtista desde hoxe mesmo ata o martes 28 de abril ás 12:00h.
Lembramos que estas son nominativas e intransferibles polo que se pedirá o DNI xunto coa entrada no acceso ao estadio. No caso de que o DNI non coincida coa entrada, o Atlético de Madrid denegará o acceso ao recinto.
Xuntos iremos a por unha nova vitoria neste tramo final da tempada!