A SD Gernika Club será o rival do RC Celta na segunda rolda da Copa do Rey, que terá lugar o 20, 21 ou 22 de decembro. Un club que celebra este 2022 os seus cen anos de historia no grupo 2 de Segunda Federación, onde actualmente ocupa a décimo séptima posición con nove puntos.
O Gernika, adestrado polo mítico Aitor Larrazabal, clasificouse tras eliminar ao CD Leganés na quenda de penaltis nunha rolda na que o RC Celta liquidou a súa eliminatoria cun contundente triunfo por 1-6 ante o CD Algar.