Hemeroteca canteira

O Celta B se reencontra coa vitoria

RC Celta

celtab - barbadas

O filial venceu en Barreiro pola mínima grazas a un gol de Félix, a saque de esquina

 

O Celta B reencontrouse coa vitoria nun partido no que o filial celeste presentou varias novidades no seu once inicial, como Óscar Santiago na portaría ou Kevin. Os de Pichi Lucas tardaron en arrincar, pero a partir do primeiro tanto o seu nivel foi in crescendo. O partido concluíu coa sensación de que a renda podería ser maior, ante un Barbadás que con 1-0 no marcador mantivo as posibilidades de empatar até o asubío final.

 

Primeira parte de escaso interese, na que o xogo se mantivo afastado das dúas áreas e as ocasións de gol foron contadas. O Barbadás presentábase serio e ben situado, mentres que os celestes comezaban o partido máis comedidos do que é habitual neles. O primeiro gol da tarde chegaría a balón parado. Saque de esquina botado á área moza por Maceira que cabecea Félix a porta para pór o 1-0 no marcador.

 

O filial céltico comezou a gañar peso tras o gol, con posesións de balón máis longas e un xogo máis incisivo no ataque. A pesar diso aos vigueses custáballes internarse na área rival. Xogadores como Marcos Torres buscaban sorprender con disparos afastados a Berto, porteiro do Barbadás, aínda que sen éxito. O partido chegou ao descanso cun Celta B en clara melloría, que co resultado a favor e o paso dos minutos adquiría confianza e determinación.

 

Tras a continuación o Celta B soubo dotar de maior profundidade ao seu xogo, levando maior perigo á área do Barbadás. No minuto 56 Marcos Torres rouba en campo propio e avanza cara a terreo rival, atopando en Borja ao mellor aliado para montar a contra. O mozo centrocampista foi derrubado cando avanzaba cara á área visitante pero, a pesar diso, foi capaz de dar un bo pase en profundidade para que os propio Marcos Torres asistise a Camochu. O dianteiro asturiano armou a perna, pero no momento de disporse a executar o disparo un defensor do Barbadás interpúxose na acción e desbaratou unha clara ocasión de gol.

 

Os ourensáns debían matenerse ben atentos para evitar que o Celta B sorprendéselles á contra. No minuto 58 nova ocasión para os vigueses. Centro de Maceira desde banda esquerda que engancha ao voo Marcos Torres. O porteiro Berto despexou con dificultade. A pesar da superioridade a diferenza continuaba sendo dun único tanto, o que mantiña dentro do partido ao Barbadás. No minuto 70 ocasión de luxo para o conxunto visitante. Centro desde banda esquerda que remata Martín Pérez totalmente só e dentro da área, pero Óscar Santiago, titular no día de hoxe, lanzouse espectacularmente para evitar o gol do empate. Boa intervención do porteiro cántabro.

 

O partido finalizou cun Barbadás máis atrevido que mantivo as posibilidades de empatar até o asubío final. No último segundo os ourensáns plantáronse na área céltica e Walter Martín enviou o balón ao poste. Final de infarto que a punto estivo de custarlle ao filial o tres puntos. O Celta B reencóntrase coa vitoria e mantense nos primeiros postos da clasificación.

 

FICHA TÉCNICA

CELTA B: Óscar Santiago, Kevin, Víctor Vázquez, Maestre, Maceira, Borja, Madinda, Añón (Jordan, min.62), Félix (Rubén Martínez, min.74), Marcos Torres e Camochu (Thaylor, min.61). No banco: Rubén Blanco, Fidi, Jordan, Rubén Martínez e Thaylor.

 

UD BARBADÁS: Berto, Jorge, Rafita, Vieites, Martín Fernández, Luís González, Martín Pérez (Felipe, min.75), Fran, Javi Ramos (Walter Martín, min.62), Nuno e Prada.

 

Goles: 1-0, min.23: Félix

 

Árbitro: Vázquez García. Amonestou a Luís González, Jorge, Víctor Vázquez e David Añón

 

Campo: Municipal de Barreiro (600 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas