Información institucional, organizativa e de planificación.
Facemos publica a nosa política institucional, organizativa e de planificación, así como económica, orzamentaria e estatística e indicadores do índice de transparencia INFUT, co obxectivo de avanzar na nosa idea de transparencia e comunicación coa sociedade en xeral, sendo proactivos facilitando información sobre a nosa razón de ser, os principios éticos e de conduta, os obxectivos que nos propoñemos cumprir, …
Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubs de Futbol (INFUT) que consta dun conxunto de indicadores avaliados a través de “Transparencia Internacional España”. Avalíase a información sobre o Club, as relacións co accionariado, as persoas aboadas e afeccionadas asi coma ó público en xeral, a transparencia económico-financeira e nas contratacións e subministracións e indicadores da Lei de Transparencia.
1. Normativa aplicable
A normativa aplicable á sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., é:
- Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital, así como posteriores leis que introducen modificacións á mesma.
- Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas.
- Real Decreto Lexislativo 1514/07 do 16 de novembro polo que se aproba o Plan Xeral Contable, as modificacións recollidas no RD 1159/2010 do 17 de setembro e RD 602/2016 do 2 de decembro.
- Orde 27 de xuño de 2000 pola que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás sociedades anónimas deportivas, en todo o que non contraveña ao Real Decreto Lexislativo 1514/07, do 16 de novembro.
- Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte estatal.
- Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.
- Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro, sobre clubes e federacións deportivas.
- Código de Comercio.
- Demais normativa aplicable a un Club/ SAD profesional (en concreto o Regulamento de Control Económico dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliadas á LNFP e os acordos de Comisión Paritaria do Consello Superior de Deportes e a liga Nacional de Futbol Profesional na que se aproba o novo modelo de Memoria das Contas Anuais dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliados á liga Nacional de Futbol Profesional
- Normativa de Protección de Datos Persoais (LOPD): Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal..
- Directiva 95/46/CE do parlamento europeo e do consello do 24 de outubro de 1995 relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
- Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte.
- Lei 19/2014, do 29 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Lei 10/2010 do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo
- Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, do Código penal.
- Regulamento interno do Real Club Celta de Vigo S.A.D. Estatutos sociais e Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D. Art. 6 do Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte).
- Normativas internacionais. ISO 9001, UNE 19601, ISO 14001
2. Estrutura organizativa
O Grupo por dentro
Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o principal activo, mantendo un firme compromiso co emprego de calidade baseado en condicións de igualdade de oportunidades, independentemente do sexo, idade ou outras circunstancias. Desde o Grupo RC Celta apostase e traballase activamente pola aliñación da súa estratexia e obxectivos, co desenvolvemento e a profesionalización das persoas que conforman o seu equipo humano, a través da motivación e a formación continua.
O organigrama
Pulsa aquí para ver todo o organigrama do Grupo
3. Planes e programas
Solvencia económica e financeira
Xeración de contido dixital en novos nichos de mercado que permita a fidelización de fans, crecemento de seguidores e estender a marca Celta para conseguir monetizar a presenza en novos mercados.
Procura de novas oportunidades de patrocinio que incrementen o valor global da marca e permitan crecer en ingresos
Plan de investimentos estratéxicos:
- – Investimento en xogadores,
- – Proxecto Factoría do Deporte Gallego- Galicia Sports 360. A aprobación inicial do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) é o primeiro paso para obter a aprobación definitiva para empezar a acometer as obras dun proxecto de preto de 300.000m2 desde o que se van a abordar e impulsar distintas facetas do sistema deportivo e vai supoñer a xeración de emprego, o fomento da investigación e a cultura e o lecer, para un futuro sostible.
-
- – Continuidade do proxecto de dixitalización e Big Data. incorporando novas ferramentas que liberen o tempo das persoas para realizar tarefas que acheguen valor e dotar de ferramentas que permitan unha mellor análise e aprendizaxe da relación que ten a clientela co Grupo e crear «patróns» que axuden na mellora do servizo ou ser proactivos na cobertura das necesidades futuras que terá a clientela. Potenciando o reporting en power bi, podendo comparar e analizar datos procedentes de diferentes fontes, permitindo fusionar todos os datos e procesalos, converténdoos en gráficos e táboas coas que extraer decisións de forma áxil.
Globalización e internacionalización da marca
Obxectivo de imaxe e transparencia para favorecer o crecemento económico e o desenvolvemento social, para iso:
- – Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubs de Futbol (INFUT) ao 100%, na súa última edición (ano 2019)
- – Certificado de Excelencia en Xestión Empresarial, tras a avaliación dos principais parámetros que determinan a xestión: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción da clientela, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización.
- – Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022, polo cumprimento de varios criterios simultaneamente: crecemento dos ingresos, rendibilidade, produtividade e liquidez; con valores por encima da mediana do sector no que operan e durante un período de tres anos consecutivos (período de referencia: 2018-2020).
- – Indicador Ardan Empresa Circular 2022, pola continuidade da estratexia de económica circular.
- – O Consello Superior de Deportes, concedeu á sociedade a Placa de Ouro da Real Orde do Merito Deportivo, máxima distinción que outorga o deporte en España, que valora os méritos e circunstancias que concorren nos historiais deportivos e profesionais das persoas e entidades, aos seus éxitos deportivos ou á súa achega ao desenvolvemento do deporte español.
- – En xullo de 2023, a sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. obtén 924 puntos sobre 1.000 puntos na Clasificación de Empresas Intelixentes de Galicia 2022. Tendo a consideración de empresa intelixente, a que mellor combina a súa capacidade actual para a creación de valor cun modelo de negocio capaz de xerar no futuro un crecemento económico sostible e inclusivo.
O plan estratéxico da sociedade
Como consecuencia dos efectos do contexto socio económico no que nos atopamos , considérase de suma importancia do cara ao futuro:
- Xerar rendibilidade a través dos negocios: unha das estratexias é xerar maior rendibilidade, para iso farase fincapé na explotación de novas áreas e negocios, establecendo como prioridade:
- O crecemento, en cifra de vendas, países con presenza, canles de venda.
- Xerar maior rendibilidade.
- Mellorar a calidade, servizo e valoración.
- Proxecto GS360 como dinamizador de novas actividades que axuden a incrementar o negocio.
- Facilitar o acceso web a discapacitados: Trabállase activamente pola igualdade de oportunidades das persoas con capacidades especiais a través da participación en diferentes actividades dirixidas a colectivos con necesidades especiais: Fundación Celta Integra, acordos de colaboración para a realización de accións formativas para o emprego de persoas con discapacidade coa Fundación Once. Por iso consideramos importante que todas as persoas poidan acceder á nosa páxina web independentemente das súas características individuais.
- Enfoque obxectivos Axenda 2030, así como visualizar as medidas implantadas en RSC: Resaltar o importante papel e responsabilidade da sociedade para difundir e visualizar os obxectivos da Axenda 2030.
Moito mais cun equipo de fútbol
A sociedade ten implantadas distintas metodoloxías e procesos que lle permiten desenvolver a actividade de maneira ética, transparente e sostible, impulsando os valores de excelencia, transparencia, sustentabilidade e proximidade como puntos fortes do seu negocio:
- Calidade: Mediante a implementación de diferentes sistemas de calidade baixo o estándar UNE EN ISO 9001:2015 certificados pola entidade de acreditación AENOR, na nosa orientación á clientela, aos procesos e á mellora continua (en departamento de seguridade e instalacións e na área corporativa de finanzas, administración e rrhh).
- Responsabilidade Social e ética empresarial: polo que se formula voluntariamente o Estado de Información Non Financeiro do Grupo RC Celta (EINF) para cada tempada, sendo o primeiro club en formular o EINF, co obxectivo de promover a transparencia con respecto á actividade do grupo e á sustentabilidade. E impleméntase o sistema de xestión de Compliance Penal baixo o estándar UNE 19601:2017. O Grupo RC Celta atópase firmemente comprometido coa igualdade de oportunidades no acceso ao emprego, independentemente das características individuais das persoas que opten a un posto de traballo. Por iso, fai seus os criterios establecidos na lexislación vixente sobre o principio de igualdade e diversidade, cuxa aplicación practica vén traducindo no deseño, implantación e seguimento de medidas que contribuíron efectivamente a integrar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes na actividade diaria do Grupo. Na tempada 2020/2021 aprobouse o I Plan de Igualdade da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., por un período de 4 anos, que abarca desde o 29 de xuño de 2021 ao 28 de xuño de 2025.
- Sustentabilidade: O que nos diferencia da competencia e reforza de maneira positiva a imaxe ante a sociedade en xeral. O Grupo integra o medio ambiente na xestión global do mesmo, sendo RCCelta o primeiro club de LaLiga en implantar un sistema de xestión ambiental conforme á Norma ISO 14001:2015.Esta optimización na xestión de recursos e residuos vese reforzada tamén coa obtención da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., do indicador Ardan Empresa Circular 2020; Ardan Empresa Circular 2021 e Ardan Empresa Circular 2022.Na tempada 2022/2023 logrouse a certificación BREEAM é Urbanismo para o Proxecto Galicia Sport 360- Factoría do Deporte Gallego, sendo RCCelta o primeiro club de LaLiga en implantar este tipo de certificación.
- Social (Cercania): Mediante a implementación de boas practicas na xestión de riscos derivados do COVID-19, baixo o estándar Protocolo fronte ao COVID-19, xerando confianza entre todos os colectivos (clientela, persoas que traballan no Grupo e a sociedade en xeral). Dispoñemos dun Comité de Igualdade e RCCelta é o primeiro club de LaLiga en
Todo iso fai que á sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. concédanlle o Certificado de Excelencia en Xestión Empresarial para os anos 2019; 2020; 2021; 2022 e 2023; tras a avaliación dos principais parámetros que determinan a xestión, como son: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción da clientela, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización. E que ademais lle concedan o Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022 e figura na Clasificación Ardan de Empresas Intelixentes de Galicia 2022. RCCelta ademais figura na III edición de Atlas Galego da Empresa Comprometida, valorando bo goberno ( valoración máxima); medioambiente; contorna e persoas.
4. Datos de contacto
As nosas canles de contacto
A través do teléfono 986 110 900, das seguintes direccións [email protected] e [email protected] ou en Calle Príncipe, 44 CP: 36202 Vigo poden poñerse en contacto co Real Club Celta de Vigo, S.A.D.; Fundación Celta de Vigo; Afouteza e Corazón, S.L.U. e Galicia Sport 360, S.L.U.
5. Estado de información Non Financieira
Máxima transparencia
O Grupo RC Celta intenta mostrar de forma transparente aquela información que non só afecta ao modelo de negocio, senon que explica a creación de valor social do Grupo. A nosa intención é informar sobre:
Cuestións ambientais
Cuestións sociais e de persoal
Respeto aos dereitos humanos
Lucha contra a corrupción e o soborno
Por iso o Consello de Administración de Real Club Celta de Vigo, S.A.D., formula de forma voluntaria o Estado de Información Non Financeira do Grupo RC Celta.