Sobre o Grupo RC Celta
O Grupo RC Celta caracterízase pola especialización nos negocios que desenvolve, construíndo relacións de confianza baseadas na experiencia e na excelencia, diferenciándonos dos nosos competidores e tentando xerar un impacto positivo na sociedade en xeral.
RC Celta
A nosa actividade principal céntrase na participación en competicións deportivas de carácter profesional, da modalidade deportiva de futbol, participando o primeiro equipo no Campionato Nacional de Liga de Primeira División e na Copa do Rey e o equipo filial, Celta Fortuna, participa na Terceira RFEF e o Celta C xoga na Terceira RFEF.
Tamén levamos a cabo comercialización de roupa e artigos deportivos a través das tendas oficiais de RC Celta.
Fundación Celta
As principais actividades realizadas pola Fundación Celta de Vigo son promover o deporte base; desenvolver campus, escolas e clinics deportivos para a xuventude, principalmente orientados a practíca do futbol; investigar e promover os valores do deporte, así como realizar charlas e coloquios sobre a súa importancia na sociedade; desenvolver diferentes actividades lúdico-deportivas para a promoción de práctica do deporte entre as persoas de todas as idades; dar a coñecer o patrimonio social e deportivo de RC Celta; fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social, mediante a promoción de campañas solidarias.
Afouteza e Corazón
A sociedade presta servizos de fisioterapia e traumatoloxía e outros servizos vinculados á medicina do deporte, xestión de determinados espazos (organización de eventos de empresa, charlas, concertos, …).
Galicia sport 360
A sociedade dedicase a realización, organización e explotación de actividades recreativas e de lecer.
Os datos do Grupo RC Celta
Miles de euros
Miles de euros
Miles de euros
En todo o Grupo RC Celta
Os valores do Grupo
Os valores que identifican o Grupo RC Celta son a transparencia, a excelencia tanto deportiva como empresarial, a sustentabilidade e pola proximidade, adaptándonos de maneira continua aos requisitos dos grupos de interese e ás tendencias nas que se atopan organizacións do mesmo ámbito de actuación.
Optimizar a xestión de recursos e residuos
Esta optimización na xestión de recursos e residuos vese reforzada tamén coa obtención da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. do Indicador Ardan Empresa Circular 2020; Ardan Empresa Circular 2021 e Ardan Empresa Circular 2022.
Na tempada 2022/2023 logrouse a certificación BREEAM es Urbanismo para o Proxecto Galicia Sports 360-Factoria do Deporte Galego, sendo o primeiro clube da Liga en implantar este tipo de certificación.
Excelencia empresarial
Todo isto fai que á sociedade dominante lle concedan o Certificado de Excelencia en xestión empresarial Informa-el Economista ano 2019, 2020, 2021,2022 e 2023; tras a avaliacion dos principais parametros que determinan a xestión, como son: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción da clientela, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización. E que ademais nos concedan o Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022, figurando tamén no Ranking Ardan de Empresas Intelixentes de Galicia 2022. RCCelta tamén figura na III edicion do Atlas Galego da Empresa Comprometida, valorando bo goberno ( valoración máxima); medioambiente; entorno e persoas.
Responsabilidade social e ética empresarial
O Grupo RCCelta encontrase firmemente comprometido coa igualdade de oportunidades no acceso ó emprego, independentemente das características individuais das persoas que opten a un posto de traballo. Por iso, fai seus os criterios establecidos na lexislacion vixente sobre o principio de Igualdade e diversidade, co diseño, implementación e seguemento de medidas que contribuirán efectivamente a integrar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes na actividade diaria do Grupo.
Na tempada 2020/2021 aprobouse o I Plan de Igualdade da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D, por un periodo de 4 años, que abarcan dende o 29/06/2021 ao 28/06/2025.
Na tempada 2022/2023 encontrabanse integradas no equipo de traballo tres persoas con discapacidade, dous homes e unha muller. Ademais, dende a Fundación Celta Integra apoiase á xuventude e maiores con discapacidade intelectual na formación integral e na súa inclusión.
Proximidade
Dispoñemos dun Comité de Igualdade e RCCelta é o primeiro clube da Liga en implantar accesibilidade web.
O Grupo RC Celta no mundo
Neste mapa recóllese a presenza do Grupo RC Celta a nivel mundial en cualquera das súas modalidades