Qué ofrecemos:
Dende o Grupo RCCelta apóstase e trabállase activamente pola aliñacion da nosa estratexia e obxetivos, co desenvolvemento e a profesionalización das persoas que conforman o noso equipo humán, a través da motivación e a formación continua.
O Grupo RCCelta promove:
- O emprego estable no Grupo apostando polas relacións duradeiras cos seus empregados/as.
- Garantir a plena igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, e a eliminar toda forma de discriminacion directa ou indirecta por motivos de xénero.
- Procesos que permiten o desenvolvemento da actividade de xeito ético, transparente e sostenible, impulsando os valores de excelencia, transparencia, sostenibilidade e cercanía como puntos fortes do noso negocio, por isto:
- Implementa diferentes sistemas de Calidade baixo o estándar UNE EN ISO 9001:2015 certificados pola entidade de acreditación AENOR., na súa orientación á clientela, a xestión de procesos, á mellora continua, …. En definitiva, á excelencia empresarial. Dispoñemos de certificación ISO 9001:2015 na Área Corporativa das empresas do grupo e ISO 9001:2015 no área de seguridade e instalacións do Grupo RC Celta.
- Tras a crise provocada polo COVID-19, puxéronse en marcha medidas para afrontala volta á normalidade aportando valor nos procesos de continuidade de negocio, implementando boas prácticas na xestión dos riscos derivados do COVID-19 baixo o estándar Protocolo frente ao COVID-19, o que xera confianza entre todos os colectivos (clientela, persoas que conforman o Grupo e público en xeral).
O Grupo RC Celta ofrece:
Formación e desenvolvemento, dado que para o Grupo a formación constitúe unha das liñas básicas e estratéxicas da súa política de xestión de persoas que materializa o compromiso do grupo respecto á mellora continua da profesionalización e a motivación do seu equipo humano.
Proporciónase a todos/as os/as traballadores/as plans de formación adaptados ós seus postos de traballo para conseguir a maior efectividade no desempeño dos mesmos. O plan de formación ten por obxecto determinar a formación que recibirá o persoal á súa incorporación nas sociedades do Grupo, así como describir o sistema de detección de necesidades formativas que xurdirán ó longo da relación laboral.
Os/as empregados/as do Grupo RC Celta realizaron formación, na tempada 2022/2023, para cubrir os seguintes obxetivos establecidos dende a dirección do Grupo:
- Internacionalización,
- Dixitalización,
- Analítica de datos, e
- Capacitación.
Englobándose a formación recibida polos traballadores/as nas seguintes materias:
- Prevención de riscos laborais ( todo o persoal),
- Compliance (todo o persoal),
- Lei Orgánica de Protección de Datos ( todo o persoal),
- Plan de Emerxencia (todo o persoal),
- Cursos de actualización profesional, e
- Cursos de capacitación e preparación para o desempeño dos obxetivos do Grupo,…
A maiores realízase formación especifica en integridade e apostas e en sensibilización ambiental.
Diversidade e igualdade de oportunidades, atopándose o Grupo firmemente comprometido coa igualdade de oportunidades no acceso ó emprego, independentemente das características individuais das persoas que opten a un mesmo posto de traballo. Dende o Grupo contribúese efectivamente a integrar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes na actividade diaria.
Actualmente atópanse integradas no equipo de traballo catro persoas con discapacidade. Así mesmo, o persoal na tempada 2022/2023 era multicultural e diversa, con representación de persoas de 16 nacionalidades diferentes.
O Grupo dispón dun protocolo de prevención contra o acoso xa que se traballa activamente por previr e evitar este tipo de situacións, establecendo os mecanismos de control necesarios.
Compensación e beneficios, o persoal do Grupo RC Celta conta cunha serie de vantaxes por pertencer ó Grupo, independentemente da tipoloxía de contrato, como son:
- Emprego estable, xa que o Grupo aposta por relacións duradeiras coas persoas que conforman o equipo humano,
- Garantizar a plena igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres,
- Dous pases para poder asistir ós partidos do primeiro equipo, do Celta B e do Celta C,
- Desconto en tendas do Grupo RC Celta,
- Desconto no Campus da Fundación Celta de Vigo, así como no resto das actividades que organizan,
- Desconto na Clínica do Grupo,
- Desconto en Restaurante Silabario A Sede,
- Desconto en Cafe A Sede- El Trigal,
- Desconto con outras empresas colaboradoras como Sanitas,…
- Anticipos sobre salarios bonificados (tipo 0%),
- Seguro de vida e accidentes e premio xubilación, segundo o establecido en convenio, e
- Accións formativas subvencionadas ó 50% polo Grupo.
Compromiso, adquirido polo Grupo RC Celta con:
- Prevención de riscos laborais, xa que é unha prioridade protexer ós/ás nosos/as traballadores/as dos riscos que se derivan do seu labor, evitando ou minimizando as causas dos accidentes e enfermidades profesionais.
- As relacións sociais, tratando as diferentes cuestións que afectan ós/ás traballadores/as en reunións co Comité de Empresa.
- O respecto ós dereitos humanos, dispoñendo duna canle de denuncias, [email protected], para a formalizacion dos procedementos de irregularidades ademais dun Manual de Prevención de Delitos.
- A prevención do acoso sexual, establecendo os mecanismos de control necesarios no protocolo de prevención e erradicación do acoso e establecendo como canle de denuncias para calquera cuestión relacionada co acoso, [email protected], que é xestionada polo Comité de Prevención do Acoso.
- Iniciativas desenvolvidas e dirixidas a colectivos con necesidades especiais, como a nosa participación en LaLiga Genuine, co noso equipo Celta integra conformado por persoas con discapacidade intelectual, onde se traballa polos valores e a integridade efectiva.
No Estado de Información Non Financeira da tempada 2022/2023 móstranse os nosos indicadores relativos a cuestións sociais e relativas ó persoal.
Qué buscamos:
O Grupo RC Celta ofréceche a oportunidade de descubrir novas metas que se adapten á túa capacidade e experiencia, e permítanche seguir formándote e crecer afrontando novos retos profesionais e gozando de diferentes beneficios.
Formulario de candidato
Se queres traballar connosco, déixanos os teus datos, desenvolvemento académico e traxectoria profesional. Chegará ao noso departamento de RRHH.