RC Celta Hospitality

Abonos de temporada y Entradas VIP

Río Club

Situado na emblemática bancada de Río Baixo. Esta zona ofrece unha experiencia única con servizo de catering na Sala Arte Estrella Galicia, complementada por unha terraza con impresionantes vistas ao terreo de xogo.

  • Asentos na zona inferior de Río Baixo
  • Zona de catering exclusivo dentro do museo, na Sala Arte Estrella Galicia
  • Terraza exterior con vistas privilexiadas do campo
Marcador Club 1923

Novo espazo creado para a tempada 24/25, será principalmente o lugar de networking de participantes do noso Club de Empresas. Grazas a isto, terán a oportunidade de establecer conexións estratéxicas, compartir e explorar oportunidades de negocio nun ambiente dinámico e especial.

  • Vistas privilexiadas do terreo de xogo desde a esquina de Marcador Alto ata a bancada de Tribuna.
  • Acceso por ascensor privado
  • Asentos de maior confort
  • Sala VIP na bancada con capacidade de 113 persoas
  • Catering exclusivo
Player’s Club

Esta experiencia permite ver o adestramento dos xogadores a poucos metros e acceder a unha sala con vistas ao túnel dos xogadores. Goza do catering e despois, acomódese no asento premium para ver de preto aos seus ídolos.

  • Asentos detrás dos bancos
  • Vistas privilexiadas do campo
  • Sala VIP con vistas ao túnel de vestiarios
  • TV no túnel de vestiarios
  • Catering exclusivo
  • Terraza a pé de campo
Balcony Club

É unha exclusiva zona situada na primeira fila da bancada de Tribuna Alta. Ofrece asentos premium, a escoller entre unha zona máis centrada (Balcony Club) ou nos extremos (Balcony Area Club), e unha pequena pantalla para poder seguir o partido de preto e con todo o luxo de detalles para gozar do fútbol nun ambiente cómodo e único.

  • Asentos na 1ª fila de Tribuna Alta
  • Vistas privilexiadas do terreo de xogo
  • Asientos con maior confort
  • Pantallas dispoñibles ao largo da zona
  • Salas VIP en Marcador para Balcony Central e en Tribuna para Balcony Area con catering exclusivo
Boxes Club

Innovadora zona VIP situada a pé do campo na zona de Río Baixo. Ofrece unha perspectiva única, cunha visión privilexiada que che fará sentir como se estivese no banco, coma se fose un máis dos xogadores.

  • Asentos a pé de campo
  • Vistas privilexiadas do terreo de xogo
  • Posibilidade de boxes exclusivos
  • Asentos de maior confort
  • Zona de catering na Sala Arte Estrella Galicia
  • Acceso á terraza con vistas do campo
Palcos Privados VIP

Os Palcos VIP ofrecen a maior exclusividade e excelencia no noso estadio. Con capacidade de ata 19 butacas, proporcionan a vista máis privilexiada do campo. Este espazo limitado está deseñado para ofrecer unha experiencia inigualable.

  • Butacas premium en interior e exterior con vista privilexiada do terreo de xogo
  • Palco privado ata 19 persoas
  • Catering exclusivo
  • TV dispoñible en cada Palco
  • Atención personalizada
  • Gardarroupa e baño privado
Palco Presidencial

É o espazo máis exclusivo do Estadio Abanca Balaídos, ideal para compartir a xornada de fútbol con presidentes e delegacións de equipos. Goza dunha visión perfecta do terreo de xogo e acceda a un servizo de catering de comida e bebida de primeiro nivel. O espazo máis exclusivo.

  • Asento con visión privilexiada sobre o terreo de xogo
  • Catering de primeiro nivel
  • TV dispoñible na sala interior e pequenas pantallas no exterior
  • Requírese protocolo de vestimenta: traxe, pantalón de vestir (non vaqueiro) e americana.
  • Maiores de 16 anos