equipo
Novas primeiro equipo

Miguel Román recibe a alta médica e Pablo Durán dá un paso máis na súa recuperación

RC Celta

A pretemporada 26/27 do Celta dá o pistoletazo de saída con dúas boas noticias. Miguel Román recibe a alta médica e xa está listo para reincorporarse á dinámica do primeiro equipo.

O centrocampista de Gondomar sufriu o pasado mes de marzo unha fractura no quinto metatarsiano do seu pé esquerdo tras unha acción durante un adestramento. Despois de varios meses de traballo e recuperación, nos que non puido disputar o tramo final da pasada tempada, Miguel conta xa co visto e prace dos servizos médicos do Celta e afronta con toda a ilusión o inicio dunha nova pretemporada.

Tamén chegan boas noticias sobre a evolución de Pablo Durán. O dianteiro continúa avanzando de forma positiva na súa recuperación tras a intervención cirúrxica á que foi sometido para solucionar a inestabilidade no seu ombro esquerdo, unha lesión que lle xerou molestias durante a pasada campaña. O seu proceso de rehabilitación continúa, estimándose uns 3 meses de baixa desde a súa cirurxía, polo que Pablo manterá adestramento individual.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas