O RC Celta lanza as redes sociais do Centenario para que os afeccionados poidan informarse e gozar ao máximo deste fito

Co obxectivo de que os afeccionados do RC Celta teñan acceso a toda a información sobre o Centenario, o club lanza redes sociais propias para este fito en Twitter, Instagram (@rccelta100) e Facebook (Centenario del RC Celta), ademais da web  centenario.rccelta.es. Desta maneira, os seguidores celestes poderán manterse ao tanto de toda a actualidade deste … Continuación

Celtismo e equipo, unidos o vindeiro venres 30 no espectacular primeiro paso do Centenario

O primeiro paso da celebración dos #100anosdeAfoutezaeCorazon chega o venres 30 e darano da man o celtismo e o equipo, que recibe ao Sevilla en Abanca Balaídos nun partido vital para os celestes. Será un paso para cruzar un limiar, para entrar de pleno no ano do Centenario do RC Celta, para lembrar e celebrar … Continuación

Os afeccionados celestes xa poden adquirir, desde 15 euros, as entradas para o partido ante Osasuna

O RC Celta recibe a Osasuna o sábado 5 de novembro en Abanca Balaídos ás 18.30 horas co reto de recuperar a súa fortaleza como local e brindar unha vitoria á súa afección. Para este partido, o club puxo á venda entradas a prezos baixos co fin de que o equipo estea o máis arroupado … Continuación

Día Mundial contra o Cancro de Mama: o RC Celta cambia a súa roupa de adestramento para mostrar #ActitudRosa

O RC Celta cambia a súa colección de adestramento. Hoxe estrea as novas prendas que os xogadores utilizarán tanto nas viaxes como nas súas sesións de preparación ata final de tempada. Non é un día calquera, nin unha cor máis. As chaquetas, suadoiros, camisetas e chubasqueiros que lucirán os xogadores do RC Celta son de … Continuación

Á venda, desde 10 euros, as entradas para o RC Celta – Xetafe CF

O RC Celta pecha o luns, 24 do presente mes, unha semana cargada de partidos coa visita a Abanca Balaídos do Getafe CF (21.00 horas), un encontro no que os celestes buscarán retomar os bos resultados como locais. Para este importante choque, o club puxo á venda entradas a un prezo moi asequible, entre 10 … Continuación

O canteirán Gabri Veiga, gañador do primeiro Premio Estrella Galicia da tempada

O primeiro Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do RC Celta da tempada 2022/23 xa ten dono. O canteirán Gabri Veiga foi elixido polos afeccionados celestes como o mellor futbolista do conxunto vigués do mes de setembro. Gabri, con protagonismo crecente, deixou nos encontros que disputou momentos fantásticos, entre eles o seu primeiro gol co … Continuación

Os afeccionados xa poder adquirir, desde 16 euros, as entradas para o RC Celta – Betis

 

As entradas para o RC Celta- Cádiz CF, á venda desde 8 euros

O RC Celta regresa a Abanca Balaídos o venres 29 ás 12:00 horas para recibir ao Cádiz na cuarta xornada da competición. As entradas para este encontro xa están á venda na páxina web oficial cuns prezos, como sempre dinámicos, realmente alcanzables. Os afeccionados poden adquirir entradas de categoría sub-25 desde 8 euros e de … Continuación

O equipo celeste goza en Afouteza do apoio dos máis novos

O primeiro equipo do RC Celta gozou esta mañá do apoio e o entusiasmo de dous centenares de abonados, que acudiron á Cidade Deportiva Afouteza para presenciar o adestramento dos celestes. O club organizou esta visita con motivo dos seus 99 aniversario para que os máis novos puidesen presenciar unha sesión de traballo do equipo … Continuación

Os afeccionados de LaLiga elixen á camiseta celeste como a máis bonita de Primeira División por segundo ano consecutivo

E volveu a suceder: a camiseta do primeiro equipamento do RC Celta é a máis bonita de LaLiga. Por segunda tempada consecutiva, os afeccionados decantáronse pola celeste, que triunfou de maneira clara na enquisa lanzada por LaLiga nas súas redes sociais para determinar cal é a súa camiseta favorita. A que máis votos obtivo en … Continuación