Entradas desde 10€ para recibir ao Osasuna en Abanca Balaídos

As entradas para o primeiro partido do ano 2022 en Abanca Balaídos xa están á venda en tickets.rccelta.es. Os afeccionados celestes poden adquirir billetes para o choque ligueiro ante o CA Osasuna (mércores 19 de xaneiro, 19:00) desde 10€ para categoría Sub-25 e desde 17€ para Adulto.

Máis de 2000 abonados participaron nunha enquisa sobre a relación do RC Celta coa súa masa social

O RC Celta realizou nas últimas semanas unha macro enquisa aos seus abonados para coñecer de primeira man a súa opinión sobre, entre outros aspectos, a relación da entidade coa súa masa social. Nesta enquisa participaron máis de 2.000 abonados, aos que o RC Celta quere expresarlles a súa gratitude por colaborar nunha iniciativa encamiñada … Continuación

Entradas de abonados para os desprazamentos

Dende o RC Celta seguemos a traballar para mellorar a experiencia dos nosos abonados. Unha das vantaxes do abono é o acceso a entradas para os desprazamentos; neste sentido, informamos a continuación do procedemento para solicitar as entradas e poder animar aos nosos polos diferentes estadios de LaLiga. En que partidos como visitante se ofrecen … Continuación

Gañadores das últimas promocións do RC Celta en redes sociais

Os gañadores dos sorteos das promocións «Acerta o resultado do Mallorca-Celta» e «Xogador Estrella Galicia Novembro» foron os seguintes. O club contactará cos premiados por correo electrónico para xestionar a entrega dos premios.   Acerta o resultado Mallorca-Celta Dúas entradas Celta-Espanyol: Lucas Costa Carrera Chaveiro RC Celta: Andrés Prieto López   Xogador Estrella Galicia Novembro … Continuación

A familia celeste conmemora o primeiro ano de Afouteza cunha reforestación con árbores autóctonos

A familia celeste reuniuse esta mañá na Cidade Deportiva Afouteza nun emotivo acto para conmemorar o primeiro ano de vida das instalacións. O consello de administración, encabezado polo presidente, Carlos Mouriño, e unha representación da directiva, empregados, afección e xogadores participaron nunha reforestación con árbores autóctonos na parte inferior da cidade deportiva. Carlos Mouriño, Manolo, … Continuación

Xa á venda as entradas para o Celta-Espanyol, último partido do ano en Abanca Balaídos

O RC Celta e a súa afección terán a oportunidade de despedir o 2021 en Abanca Balaídos. O estadio vigués acollerá o último partido de LaLiga do ano, correspondente á xornada 18, no que os celestes se medirán ao RCD Espanyol. As entradas para este partido, programado para o venres 17 de decembro ás 21:00, … Continuación

Gañadores da promoción “Acerta o resultado do Alavés-Celta”

Os gañadores do sorteo realizado entre os acertantes da promoción «Acerta o resultado do Alavés – RC Celta» e do sorteo realizado entre os usuarios que máis referidos conseguiron na promoción, foron os seguintes. O club contactará cos premiados por correo electrónico para xestionar a entrega dos premios.   Deportivo Alavés – RC Celta Dúas … Continuación

Á venda as entradas para o partido do día 5 de decembro en Abanca Balaídos ante o Valencia

O RC Celta, necesitado de triunfos e ansioso por brindar unha vitoria á súa afección, recibe o Valencia o domingo día 5 de decembro ás 21.,00 horas en Abanca Balaídos na décimo sexta xornada de Liga. O club xa puxo á venda as entradas para ente encontro, con prezos entre 21.60 e 60 euros. As … Continuación

Os abonados do RC Celta poden adquirir entradas para Mendizorroza nas taquillas de Abanca Balaídos

Os abonados do RC Celta que desexen presenciar o partido do día 27 deste mes ante o Alavés en Mendizorroza terán dispoñibles entradas para ese encontro, ao prezo de 35 euros, nas taquillas do estadio de Abanca Balaídos. Os abonados poderán realizar a reserva das entradas o luns e martes da próxima semana e poderán … Continuación

Gañadores das últimas promocións realizadas en redes sociais do RC Celta

Os gañadores dos sorteos das promocións «Acerta o resultado do Celta-FC Barcelona», «Celestiños», «Test RC Celta» e «Xogador Estrella Galicia Outubro» foron os seguintes. O club contactará cos premiados por correo electrónico para xestionar a entrega dos premios.   Acerta o resultado do Celta-Barça Dúas entradas Celta-Villarreal: Tuan de Celeiro. Chaveiro RC Celta: Mónica Penin. … Continuación