COPA | O Alavés resiste o asedio celeste e a eliminatoria decidirase en Mendizorroza

  O Celta acariñou o gol no partido de ida da semifinal de Copa do Rei, pero os postes e o porteiro branquiazul frustraron as arremetidas celestes. O partido arrincou tremendamente igualado e mantívose así até o tramo final, no que o Celta angustiou ao Alavés na súa propia área e tivo ocasións moi claras … Continuación

LIGA | Confirmado o horario do partido no Camp Nou

  LaLiga confirmou os horarios da xornada 26 de Primeira División. O RC Celta xoga contra o FC Barcelona no Camp Nou o sábado 4 de marzo ás 20:45. Movistar Partidazo retransmitirá o partido en directo.  

COPA | Alavés-Celta: listaxe de convocados

Eduardo Berizzo convocou a todos os xogadores do primeiro equipo, incluidos lesionados, e ao canteirán Iván Villar para viaxar a Vitoria, onde este mércores ás 21:00 xogarase o partido de volta das semifinais de Copa ante o Alavés.   A lista completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Fontàs, Pape, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo … Continuación

Eduardo Berizzo, Mellor Adestrador de LaLiga Santander no mes de xaneiro

  O técnico do RC Celta recibiu este premio grazas aos grandes resultados cultivados polo seu equipo no último mes de competición.   O arxentino Eduardo Berizzo converteuse no gañador do Premio ao Mellor Adestrador de LaLiga Santander en xaneiro grazas ao gran refacho de resultados do equipo galego no primeiro mes do ano.   … Continuación

#SigamosSoñando | Alavés-Celta, o partido decisivo

  Chegou o día. Este mércores 8 de Febreiro o Celta e o celtismo teñen unha nova cita coa historia, o último paso para regresar a unha final da Copa do Rei. Tras asinar un empate sen goles en Balaídos na ida, os de Berizzo chegan a Mendizorroza dispostos a marcar e pór a eliminatoria … Continuación

COPA | O Celta despídese do soño da final

  O balón botou a rodar en Mendizorroza e o Alavés non titubeó. Os vascos saíron a por todas ante un Celta que non carburaba. Nos primeiros compases do encontro os branquiazuis apertaron e roldaron a portaría de Sergio con perigo. No medio desta situación adversa o Celta ganduxou unha boa xogada finalizada por Iago … Continuación

Beauvue recibe a alta médica tras case dez meses de baixa

  É sen dúbida a noticia do día no RC Celta. Tras case dez meses de baixa por lesión, Claudio Beauvue recibiu esta mañá a alta médica. O atacante xa se adestra con total normalidade co resto do grupo e desde agora volve estar a enteira disposición de Eduardo Berizzo.   Beauvue sufriu unha rotura … Continuación

LIGA | Atlético-Celta: listaxe de convocados

Eduardo Berizzo convocou a 19 xogadores para o partido da xornada 22 de Liga ante o Atlético de Madrid (domingo, 20:45, Vicente Calderón).   A lista completa fórmana: Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Fontàs, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Cabral, Roncaglia e Rossi.   Non entran … Continuación

LIGA | O Celta despídese do Calderón cunha cruel derrota sobre a bucina

O Celta sufriu un excesivo castigo no seu último partido no Vicente Calderón, onde o Atlético deixará de xogar ao remate da tempada. Celestes e colchoneiros ofreceron un espectáculo vistoso e trepidante, non apto para cardíacos, que fixo as delicias de calquera afeccionado ao deporte rei. Os de Simeone, co marcador en contra, apertaron ao … Continuación

LIGA | LaLiga confirma o horario do Celta-Villarreal da xornada 27

  LaLiga anunciou os horarios correspondentes á xornada 27 de Primeira División. O RC Celta recibe ao Villarreal CF en Balaídos o domingo 12 de Marzo ás 18:30. beIN Sports LaLiga retransmitirá o partido en directo.