Gran papel do Alevín A na Arousa F7

  O Celta Alevín disputou este fin de semana a fase final do prestixioso torneo Arousa F7, celebrado en Villagarcía de Arousa, no que participaron equipos da talla de Atlético de Madrid, Málaga, Barcelona, Valencia e O Porto realizando un gran papel que confirma o bo nivel da canteira celeste.   Tras derrotar na fase … Continuación

O Celta B derrota ao Coruxo e asegura a permanencia

  O Celta B selou a súa continuidade na Segunda División B ao derrotar por 1-3 ao Coruxo FC en O Vao. Os locais adiantáronse cun gol temperán de Bastos e fixéronse co dominio do encontro até o tramo final do primeiro tempo, no que os celestes viñeron arriba en busca dun empate que lles … Continuación

Borja Fernández e Julio Delgado comparten a súa experiencia cos máis novos da canteira celeste

  A Fundación Celta continúa adiante co programa de intercambio de experiencias entre os diferentes equipos da canteira, unha actividade na que os xogadores máis veteranos das categorías inferiores trasladan os seus coñecementos aos máis novos. Este xoves o xogadores do filial Julio Delgado e Borja Fernández participaron nun adestramento con futbolistas do fútbol base … Continuación

O Celta B vence en Somozas e acelera cara a permanencia

  Unha nova vitoria como visitante, a quinta consecutiva, catapulta ao Celta B cara á permanencia, a só un punto de asegurala matematicamente. Os celestes superaron ao Somozas nun choque intenso no que os locais mantiveron as opcións de puntuar até o minuto final.   Fragapane adiantou aos vigueses no primeiro tempo ao finalizar con … Continuación

Os xogadores do Celta B poñen a súa experiencia ao servizo dos máis novos

  A Fundación Celta de Vigo continúa traballando intensamente no desenvolvemento de accións e procesos formativos destinados a reforzar o proceso de crecemento dos novos futbolistas. Neste sentido, durante esta tempada púxose en marcha un interesante programa de intercambio de experiencias entre as diferentes categorías co obxectivo de que os xogadores máis veteranos de categorías … Continuación

Unha pena máxima condea a un Celta B valente

  Derrota inxusta en Barreiro. O Celta B mereceu moito máis, por xogo e ocasións, ante un Racing Club Ferrol que asinou a vitoria cun tanto convertido desde o punto de penalti. Boa imaxe do filial, sobre todo no primeiro tempo, que mantén intactas as súas opcións de permanencia.   O Celta B o partido … Continuación

O Celta B toma impulso cun gran triunfo en Pasarón

  O Celta B segue en liña ascendente e comeza a deixar atrás os postos de descenso. Os celestes sumaron este domingo ante o Pontevedra CF a súa terceira vitoria consecutiva, cuarta como visitante, nun derbi rifado ata o asubío final. Aos vinte minutos Frapagane adiantou aos vigueses e, pouco despois, Borja Iglesias puxo o … Continuación

Un triunfo ante o Compostela mantén ao Celta B fóra do descenso

  Dous meses despois o Celta B volveu gañar en Barreiro. Os celestes foron de menos a máis nun partido que careceu de ocasións claras por parte de ambos equipos. Luís Rioja aproveitou un balón solto na área compostelá para pór por diante aos celestes, un tanto que sería definitivo e que permitiu encadear dous … Continuación

O Celta B xoga este domingo ante a SD Compostela o primeiro de cinco derbis galegos consecutivos

  Un Celta B en alza, que o pasado fin de semana abandonou os postos de descenso tras encadear a súa terceira vitoria consecutiva como visitante, afronta este domingo en Barreiro o primeiro de cinco derbis galegos consecutivos, todos eles transcendentais de cara a asegurar a continuidade na división de bronce. A falta de seis … Continuación

Fútbol Draft 2016 nomina a catro canteiráns celestes

  Arranca unha nova edición de Futbol Draft, premios organizados ao amparo dos estamentos oficiais do fútbol español (CSD, RFEF, LFP, AFE e AEAF) que premian aos mellores e as mellores futbolistas de entre 16 e 20 anos. O Celta volve ter un ano máis unha importante presenza. Catro xogadores representan á canteira celeste na … Continuación