O RC Celta B pecha a incorporación do dianteiro Zoran Josipovic

O RC Celta pechou a contratación do dianteiro suízo Zoran Josipovic, que se incorpora ao seu equipo filial. Josipovic (Mendrisio, 1995), é un nove que destaca polo seu poderoso xogo aéreo e a súa mobilidade. Internacional sub 16 e sub 17 con Suíza, Josipovic firma até final de tempada con tres opcionais.

Langreo – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Onésimo Sánchez, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 25 de Segunda División B ante o Langreo (domingo, 17.00, Ganzábal) A lista fórmana: Rosic, Fran Vieites, Carreira, Cissé, Markel, Farrando, Pampín, Álvaro Ramón, Dani Molina, Gabri, Moha, Bermejo, Manu Justo, Jacobo, Yeboah, Apeh, David Álvarez e Javi Gómez. … Continuación

RC Celta B – Peña Deportiva: convocatoria

O adestrador do RC Celta B, Onésimo Sánchez, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 24 de Segunda División B ante Peña Deportiva (domingo, 12.00 Barreiro). Álvaro Fernández, Álvaro Ramón e Ros son baixa por lesión.

O filial consegue un meritorio empate ante o Marino (1-1)

O RC Celta B conseguiu un meritorio empate ante o Marino (1-1) no debut do adestrador Onésimo Sánchez no banco celeste. O filial foi mellorando co paso dos minutos e igualou o tanto local cun penalti transformado por Moha. A pesar das baixas, o equipo vigués puido levar o tres puntos no tramo final.

Marino – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Onésimo Sánchez, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 23 de Segunda División B ante o Mariño (domingo, 17.00, Municipal Miramar) A lista fórmana: Rosic, Fran Vieites, Carreira, Cissé, Fontán, Ros, Farrando Pampín, Dani Molina, Manny, Moha, David Álvarez, Losada, Bermejo, Manu Xusto, Jacobo, Yeboah e Javi Gómez. … Continuación

O filial celeste reforza a súa dianteira con Manu Justo

O RC Celta e o Elche chegaron a un acordo nas últimas horas para a cesión até final de tempada do dianteiro Manu Justo. O conxunto celeste gárdase unha opción de compra. Manu Justo (Vigo, 1996) pode xogar tanto na fronte de ataque como nunha banda e ten sobrada experiencia no Grupo I de Segunda … Continuación

Miguel Rodríguez e David Vilán, convocados de novo coa Sub-17

Miguel Rodríguez e David Vilán, xuvenís do RC Celta, foron convocados de novo pola Selección Española Sub-17 para disputar un torneo internacional. A cita será do 6 ao 13 de febreiro no Algarve e o combinado nacional enfrontarase a Alemaña, Corea e Portugal. Esta nova convocatoria chea de orgullo ao RC Celta e a súa … Continuación

Markel Lozano reforza o centro do campo do RC Celta B

O RC Celta B reforza o seu centro do campo coa fichaxe do mediocentro Markel Lozano, de 23 anos de idade e procedente do Amorebieta. O centrocampista, que asina por unha tempada e media, atesoura xa experiencia en Segunda División B, onde acumula case un centenar de partidos. Esta tempada é o futbolista con maior … Continuación

Onésimo Sánchez, novo adestrador do Celta B

Onésimo Sánchez será o encargado de dirixir ao filial do RC Celta até final da tempada 20/21 tras o acordo alcanzado entre o adestrador e o club. Onésimo acumula unha dilatada experiencia nos bancos de Segunda División e Segunda División B tras dirixir con éxito a SD Huesca, Real Valladolid B, Real Murcia e CD … Continuación

O RC Celta B incorpora ao extremo Javi Gómez

O RC Celta e o CF Fuenlabrada chegaron a un acordo para a cesión de Javi Gómez, que xogará cedido no conxunto celeste até o final da presente tempada. O RC Celta gárdase unha opción de compra Javi Gómez (Toledo, 1999) é un habilidoso extremo ambidiestro que destaca pola súa capacidade de desborde.