Hemeroteca canteira

A Sub-17 volve contar có porteiro celeste Iván Villar

RC Celta

sub17.jpg

O canteirán adestrará coa selección en Asturias do 9 ao 11 de abril

 

Iván Villar (Aldán, 9 de xullo de 1997), porteiro do Celta Xuvenil de División de Honra, volveu a ser convocado pola Selección Española Sub-17, nesta ocasión para participar nos adestramentos oficiais que o combinado nacional levará a cabo en Langreo (Asturias) do 9 ao 11 de abril.

 

Xa son varias ocasións na que Santi Denia, seleccionador nacional Sub-17, conta co gardameta celeste, quen debutou como internacional ao comezo da presente tempada ofrecendo un rendemento extraordinario. O potencial da canteira da Madroa continúa sendo recoñecido nas diferentes convocatorias internacionais de categorías inferiores.

O apoio e confianza da afección céltica no proxecto de fútbol base do RC Celta fan posible que este continúe crecendo e dando cada vez máis froitos, non só nutrindo ao primeiro equipo, senón tamén ás seleccións nacionais.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas