Dura derrota para o Celta B, que encaixou na primeira metade nun saque de esquina e non foi capaz de remontar ante un rocoso Burgos. O filial non puido sacar partido a Barreiro nun encontro igualado e disputado.
O filial entrou mellor no partido, con empuxe e decisión, aínda que sen o control de xogo desexable. O rival equilibrou o choque enseguida, Non había elaboración e no ida e volta estaba máis cómodo o cadro visitante, que non se descoidaba atrás e saía á contra con perigo.
O Burgos acertou aos 20 minutos a balón parado. Cabezazo de Quesada que Iván Villar non puido deter. Unha xogada de estratexia desequilibraba o choque. Pouco despois, desajuste defensivo e remate ao longueiro do cadro visitante. Momentos delicados para un filial tocado polo tanto burgalés. Cumprida a media hora de xogo, Iván Villar evitou o segundo ao desviar un remate nun man a man.
Despois foi Toni o que se luciu para desbaratar un bo disparo de Julio Delgado e o descanso chegou con desventaja para os celestes.
Trala reanudación, igualdade, pelexa e máis chegadas no inicio do Burgos, apoiado na tranquilidade da súa vantaxe. Borja Iglesias puido empatar aos 14 minutos, pero o seu remate, picado á saída do porteiro, non atopou a rede. O filial intentouno, pero sen acerto. Dura derrota en Barreiro para os celestes.
0-Celta B: Iván, Kevin, Goldar, Riera, Samu, Borja Fernández, Gus, Julio Delgado (Brais, min.76), Fragapane (Guille, min.72), Luis Rioja e Borja Iglesias
1-Burgos: Toni, Andrés, Carlos (Odei, min.67), Quesada, Castañeda, Rodri, Zarandona, Adrián Hernández, Fito Miranda (Esteban, min.78), José Fran e Ánder Vitoria (Camochu, min.69)
Goles: 0-1, min.20: Quesada
Árbitro: López Puerta, do comité madrileño. Amonestou a Gus, Borja Iglesias, Miranda, Quesada, Rodri
Campo: Barreiro, uns 800 espectadores